Exploración de Conceptos Lingüísticos e Narrativos Fundamentais
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,9 KB
Conceptos Fundamentais de Lingüística e Narración
Símbolos e Signos
Símbolos: A forma (significante) garda relación de semellanza co contido que se quere transmitir (significado). É o caso das onomatopeas.
Signos: A relación entre a forma e o contido é arbitraria e convencional (non existe ningún tipo de semellanza formal).
Tipos de Léxico
Palabras Patrimoniais
No léxico patrimonial galego tamén se conservan palabras sobreviventes das linguas de substrato. Así mesmo, incorporáronse ao léxico galego palabras doutras linguas (do xermánico, do árabe, do grego a través do latín eclesiástico, do francés, do italiano, das linguas amerindias, do inglés...), e parte delas, chegadas en época temperá, sufriron as evolucións propias do léxico patrimonial.
Son palabras patrimoniais: chavella.
Semicultismos
Son palabras procedentes do latín que se incorporaron tardíamente á lingua e sufriron pequenos cambios fonéticos, pero non unha evolución completa.
Son semicultismos: caravilla.
Cultismos
Os cultismos son palabras procedentes do latín ou do grego incorporadas tardíamente e que non experimentaron as evolucións características do galego. A palabra mantén a mesma forma que tiña na lingua de orixe ou presenta a mínima alteración necesaria para acomodarse á estrutura fonolóxica do idioma.
A Comunicación
A comunicación é un proceso social cuxa finalidade é o intercambio de información.
Características da Comunicación Humana
- Intencionalidade: Ten a intención de transmitir información.
- Carácter lingüístico: Emprega signos lingüísticos. É un código verbal que constitúe unha potente ferramenta de comunicación.
- Carencia de univocidade: Non existe correspondencia única entre expresión e significado.
- Futuridade e prevaricación: Podemos falar de feitos pasados e futuros. Serve para mentir, inventamos situacións imaxinarias.
- Subxectividade: Permite expresar os nosos sentimentos e o noso punto de vista.
- Máxima produtividade: Cun número limitado de elementos (26 fonemas), podemos facer un número ilimitado de mensaxes.
A Narración
A narración consiste en contar sucesos reais ou imaxinarios que lles acontecen a uns personaxes nun tempo e nun espazo determinados. Os textos narrativos poden ser literarios ou non literarios.
Tipos de Narración
- Narracións literarias: Contan feitos inventados empregando unha linguaxe moi coidada. Son narracións literarias as novelas e os contos.
- Narracións non literarias: Relatan feitos reais e aparecen, sobre todo, nos medios de comunicación. Son narracións non literarias, por exemplo, as noticias e reportaxes.
Estrutura da Narración
As narracións adoitan ter tres partes: a presentación, o desenvolvemento (ou nó) e o desenlace.
Elementos da Narración
O Narrador
O narrador é o personaxe que conta a historia.
Pode ser:
- Externo: Narra os feitos en 3.ª persoa e non participa neles.
- Interno: É un personaxe da historia que narra en 1.ª persoa.
A Acción
A acción fai referencia aos feitos que se contan.
Pódese desenvolver:
- Seguindo unha orde temporal: do principio á fin.
- Empezando por un feito importante.
- Comezando polo final.
Os Personaxes
Os personaxes son os seres que protagonizan a historia.
- O personaxe principal chámase protagonista. Ás veces hai un personaxe importante, que se opón ao protagonista, que recibe o nome de antagonista.
- Os personaxes secundarios participan en menor grao na acción.
O Espazo e o Tempo
Os feitos suceden nun espazo e nun tempo.
- O espazo e o tempo poden ser reais ou imaxinarios.
- O espazo pode ser interior, exterior, aberto ou pechado.
- O tempo pode ser lineal ou con saltos temporais (ao pasado ou ao futuro).