Exploración das Vangardas na Literatura Galega do Século XX

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,29 KB

As Vangardas na Literatura Galega

Principais Movementos Vangardistas

  • Cubismo: Frecuentes alusións a conceptos espaciais e lineais.
  • Futurismo: Exaltación da máquina, da velocidade da guerra e da cidade.
  • Expresionismo: Reivindicación da subxectividade do artista, busca revelar os trazos máis tortuosos da existencia.
  • Dadaísmo: Destrución total das normas estéticas, defende a liberación total da creatividade do artista.
  • Creacionismo: Arte que non imitase a natureza.
  • Imaxinismo: Riqueza de imaxes de colorido e ritmo, poesía animicamente fría.
  • Ultraísmo: Síntese de todas as vangardas.
  • Surrealismo: Culminación das vangardas.

A Poesía Vangardista Galega

Tendencias Poéticas

  • Tendencia Neotrobadorista: Movemento poético que consiste na recreación das cantigas de amigo cunha estética contemporánea. O abraio diante das cantigas medievais leva a algúns poetas novos a introducir nas súas obras elementos do seu estilo e a súa temática, combinándoos con outros trazos de estilo vangardista.
    • Exemplos: Álvaro Cunqueiro, "Cantiga nova que se chama Ribeira" e Fermín Bouza Brey, "Nao senlleira".
  • Tendencia Hilozoísta: Tipo de poesía caracterizada pola brevidade e sinxeleza, inspírase na paisaxe (tema absolutamente tradicional), mais cunha visión e algúns recursos totalmente novos, de raíz vangardista.
    • Exemplos: Luís Amado Carballo, "Proel", Álvaro de las Casas e Eduardo Blanco Amor.
  • Tendencia Propiamente Vangardista: Baseada na asimilación parcial e ecléctica de diferentes ismos europeos.
    • Exemplos: Manuel Antonio, "De catro a catro" e Álvaro Cunqueiro, "Mar ao norde".

Autores e Obras Destacadas na Poesía

Álvaro Cunqueiro

Foi antes da guerra un poeta de liña basicamente cubista, pola súa receptividade cara ás correntes da vangarda: "Poemas do si e non". Tamén cultivou o surrealismo con "Soma de claridades" e o neotrobadorismo con "Cantiga nova que se chama Ribeira".

Manuel Antonio

Representa o tipo de artista da vangarda, cunha actitude ideolóxica con tres trazos fundamentais: espírito de rebeldía, compromiso nacionalista galego e simpatía polo anarquismo. A súa obra máis coñecida é "Mais alá".

Etapas da Evolución Poética de Manuel Antonio:
  • De formación: Anterior á consolidación dun estilo vangardista, cun estilo próximo ao modernismo.
  • De ruptura vangardista: Comeza con "Con anacos do meu interior" e continúa coa evolución vangardista que culmina con "De catro a catro".
  • De retroceso na audacia vangardista: No poemario "Viladomar" obsérvase un retorno ao estilo da etapa anterior.
"De catro a catro": Obra Cume da Vangarda en Galicia

Esta obra está formada por diversas liñas interpretativas:

  • O poemario como unha obra estruturada sobre a base dunha viaxe marítima real.
  • A obra é unha reflexión existencial.
  • A obra reflicte unha situación de trauma do poeta.
  • Unha interpretación metapoética: o poeta non é capaz de transmitir todo como desexaría.

A Prosa Vangardista Galega

Rafael Dieste: Mestre da Narrativa Renovadora

Considerado o gran mestre da mocidade renovadora galega, é autor de "Dos arquivos do trasno". Na súa narrativa destacan tres trazos fundamentais:

  • A importancia da técnica, cunha mestura do popular e do culto.
  • Preferencia por temas con misterio, combinando relatos realistas con outros fantásticos.
  • A orixe popular e folclórica dos argumentos, con lendas e supersticións.

Outros Narradores da Xeración Novecentista

  • Fermín Bouza Brey: "Cabalgadas no Salnés"
  • Amado Carballo: "Maliaxe"
  • Manuel Antonio: "Conto do afogado"
  • Lois Tobío: "A nova vida"

Entradas relacionadas: