Exploración Literaria Galega: Xoana Torres, Bernandino Graña e Análise Lingüística

Clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 5,28 KB

Xoana Torres: pasou a súa infancia en Ferrol, onde comezou a súa actividade poética e teatral. Na actualidade vive en Vigo. A súa obra literaria cultiva todos os xéneros: a poesía trata temas intimistas como a angustia, a soidade, o paso do tempo e sociais como a preocupación por Galicia. Como poeta publicou ata o de agora 'Do sulco', 'Estacións ao mar' e 'Tempo de ría'. Como narradora escribiu 'Adios María', obra que se encadra dentro da nova narrativa galega. Tamén publicou teatro: 'A outra banda do Íberr' e 'Un hotel de primeira sobre o río'.

Bernandino Graña

Bernandino Graña: realizou estudos universitarios en Santiago, Salamanca e Madrid, onde entrou en relación co grupo Brais Pinto e publicou o seu primeiro poemario. A súa obra é moi extensa, cultivou poesía, teatro e narrativa. Na súa poesía destacan dous temas principais: o amor e a natureza. 'Profecía do mar' e 'Non vexo Vigo nin Cangas' valéronlle o apelativo de poeta do mar. Tamén denuncia a deshumanización do mundo actual e os problemas ambientais. A súa obra poética comprende, entre outros, os seguintes títulos: 'Poema do home que quixo vivir', 'Profecía do mar' e 'Non vexo Vigo nin Cangas'.

Os Prexuízos Lingüísticos

Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor sobre unha lingua que, por diversas circunstancias, nacen e viven na conciencia de algúns membros da sociedade. As máis das veces son positivos e outros negativos. A partir do século XVI, Galicia quedou subordinada política e culturalmente. Isto supuxo a penetración do castelán, que se converte na lingua escrita e na única usada nos usos formais, mentres que o galego, aínda sendo o idioma da maioría da poboación, quedou relegado aos usos orais e coloquiais das clases populares. Como consecuencia da desigual repartición de usos entre ambas linguas, na conciencia dos falantes creáronse unha serie de valoracións negativas cara ao galego e xurdiron unha serie de prexuízos en torno a el:

  • O galego está asociado ao mundo rural, á pobreza, á ignorancia e ao atraso.
  • O uso do galego condicional de cortesía ou mala educación.
  • A suposta imposición do galego para a ciencia.
  • O galego normativo como lingua artificial.
  • O galego como lingua primitiva ou dialecto.
  • O galego como marca ideolóxica.

Perífrases Verbais

Perífrases temporais:

  • Indican futuro:
  • Inmediato: ir + infinitivo
  • haber de + infinitivo
  • Co auxiliar en pasado indica que a acción estivo a punto de suceder: estar a (ou para) + infinitivo

Perífrases modais:

  • Expresan obrigación:
  • haber de + infinitivo
  • haber (en forma impersonal) que + infinitivo
  • tener que + infinitivo
  • deber de + infinitivo
  • Expresan probabilidades ou dúbida:
  • haber de + infinitivo
  • deber de + infinitivo

Perífrases aspectuais:

  • Imperfectivas: indican unha acción que se está desenvolvendo:
  • estar + xerundio
  • estar a + infinitivo
  • andar + xerundio
  • andar a + infinitivo
  • levar + xerundio
  • levar a + infinitivo
  • ir + xerundio
  • vir + xerundio
  • seguir + xerundio
  • seguir a + xerundio
  • Perfectivas: indican unha acción como un proceso xa rematado:
  • acabar de + infinitivo
  • dar + participio (en contextos negativos)
  • levar + participio
  • Reiterativas: a acción presentarse como realizada varias veces:
  • ter + participio
  • volver (a) + infinitivo
  • Incoativas: presentan a acción no momento de comezar:
  • botar(se) a + infinitivo
  • poñer por (se) a + infinitivo
  • comezar a + infinitivo
  • dar en + infinitivo
  • Terminativas: indican unha acción no final do seu proceso:
  • llegar a + infinitivo
  • acabar por + infinitivo

A Publicidade

A publicidade é unha forma de comunicación cuxa finalidade é conseguir dos seus destinatarios unha disposición favorable ao consumo de determinados produtos e servizos. A imaxe ou mensaxe iconográfica ten dous significados que se relacionan:

  • Significado literal: que expresa a imaxe a simple vista.
  • Significado simbólico: conformado polos valores que ademais leva consigo, asimilarse ao produto e intenta provocar unha actitude positiva cara a el. O autor xoga cos valores simbólicos que os obxectos e usuarios que aparecen representados, de xeito que actúan no subconsciente do receptor.

A mensaxe lingüística debe ser fácil de comprender, eficaz e económica; debe quedar recollida nun slogan. O slogan é eficaz se cumpre as seguintes regras fundamentais:

  • Ser curto e simple.
  • Amosar sempre en positivo.
  • Ser enxeñoso, orixinal e innovador.
  • Fácil de memorizar.
  • Empregar recursos fónicos: xogo de palabras, rimas, retrousos, figuras literarias, xogos de sons.
  • Perdurable e temporal.
  • Salientar os aspectos positivos dos produtos fronte aos doutras marcas.

Entradas relacionadas: