Explorando el Concepto de Cultura: Orígenes, Evolución y Significado

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,68 KB

Na actualidade, abúsase moito do termo “cultura” xa que se utiliza en moitos sentidos. Etimoloxicamente, a palabra procede da forma latina “colere” que é “cultum” de onde procede a palabra “agricultura”.

Pola súa banda, a R.A.E., define o termo cultura en base a tres acepcións, pero a nós, a que nos interesa é a seguinte:

Do latín cultura: cultivo, conxunto de coñecementos que permiten a alguén desenvolver o seu xuízo crítico, conxunto de modos de vida e costumes, coñecementos e grao de desenvolvemento artístico, científico, industrial, nunha época, grupo social e culto relixioso.

En canto ás concepcións antropolóxicas, a cultura refírese ás técnicas productivas, ás formas de organización social, as ciencias relixiosas, aos códigos morais, aos costumes e ás festas.

Edgar B. Taylor e Malinowski, empregan o termo de cultura referido ás actividades, ós procedementos, ós valores e ás ideas que se transmiten polo aprendizaxe.

Por outro lado, existe unha contraposición entre natureza (physis) e a cultura (nomos).

A physis é a forma innata na que crecen animais e plantas, e o nomos é o correlato entre natureza e cultura, fai referencia ás opinións ou crenzas colectivas, aos costumes sociais mantidos por unha sociedade e transmitidos de xeración en xeración e á lei. Foi moi empregado polos Sofistas.

Platón e Aristóteles consideraban o home como un animal ou ser racional porque o home resolve os seus problemas da polis a través do diálogo (logos) e os animais resólvenos a través da forza.

A democracia, aparece por primeira vez en Grecia nas ágoras de cidades como Atenas, pero para poder participar democraticamente nelas, hai que ser cidadán grego, varón, libre e saber falar grego. O status da época estaba formado en primeiro lugar polos varóns, en segundo lugar polas mulleres e escravos e por último, os animais. Tanto Platón como Aristóteles apelaban á physis para demostrar que os varóns eran superiores.

As definicións de cultura subliñan o carácter social e adquirido, opoñéndose ao innato, á natureza, xa que a natura é aquilo que se ten ou que está determinado xa ao nacer, o conxénito.

En definitiva, a cultura é o mundo creado pola especie humana, en oposición ao natural, ao que existía antes da aparición da civilización. Mentres que a natureza pode modificarse aínda que pode verse complementada pola cultura.

A cultura, equivale ao aprendizaxe, é o proceso por medio do que a información non herdada é adquirida pola cultura e almacenada pola memoria a longo prazo. Pode ser individual ou social.

Entradas relacionadas: