Explorando a Dimensión Cultural Humana: Conceptos Fundamentais e Transmisión Social

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,69 KB

A Dimensión Cultural do Ser Humano

O antropólogo británico Edward B. Tylor define a cultura como: “toda realidade complexa desenvolvida por animais, que non está directamente determinada por predisposicións naturais (isto é, xenéticas, instintivas), que cumpre unha función na vida destes, e que é transmitida mediante a aprendizaxe no seo dunha sociedade”.

Do fragmento anterior podemos inferir que a cultura está formada por:

  • Instrumentos

    Todos os obxectos que empregamos para calquera fin diferente do que teñen na natureza (dende as pedras para facer coitelos até o coltán dos teléfonos móbiles).

  • Ideas

    Incluíndo todas as crenzas e conviccións, os valores morais, as ideoloxías políticas, as fórmulas matemáticas e os conceptos das ciencias e das artes.

  • Costumes

    Entendidas como os hábitos e ritos de cada sociedade (dende ceder o asento no bus até velar aos mortos antes de enterralos).

Ademais, todas as realidades culturais son aprendidas no seo dunha sociedade, nun grupo de persoas que comparte un hábitat e no que existen lazos de dependencia mutua. Por iso, para que exista cultura, ten que existir interacción entre os membros dunha comunidade, e é nesa interacción onde se produce a aprendizaxe.

Por último, os elementos dunha cultura teñen unha función na vida dos individuos que as adquiren. Pensar na función das distintas realidades culturais é un exercicio útil para comprender a sociedade na que vivimos. Moitas prácticas que nos parecen absurdas teñen un sentido na vida cultural dunha sociedade.

Marvin Harris, no fragmento proposto, analiza os motivos materiais que explican a prohibición de comer porco para musulmáns e xudeus. Na mesma obra, analiza por que se veneran as vacas na India ou por que os Kwakiutl realizan potlatch. Cres que se pode facer un exercicio similar con prácticas presentes na nosa sociedade?

Endoculturación e Aculturación

A cultura transmítese mediante a endoculturación, o proceso de aprendizaxe no que as xeracións máis vellas ensinan ás máis novas as prácticas e formas de facer as cousas da propia cultura. Deste xeito, reprodúcense os estilos de vida dunha sociedade. Este proceso é, en parte, inconsciente: os adultos transmiten formas de comportarse e de ver o mundo, aínda que non o fagan de maneira activa e consciente.

Entradas relacionadas: