Explorando Épocas e Estilos Musicais: Do Medievo ao Século XX
Clasificado en Música
Escrito el en español con un tamaño de 3,15 KB
A Idade Media Musical: Do Canto Gregoriano ao Vilancico
Contexto Histórico
A Idade Media comprende a época que vai dende o século V ata principios do século XV. É unha época que inclúe períodos de estabilidade e períodos turbulentos. A partir do século VIII, Europa atópase unida polo cristianismo.
O Canto Gregoriano
É un canto a capella, só con voces e sen acompañamento instrumental. A temática é relixiosa e está pensado para orar. É un canto colectivo no que todas as voces cantan a mesma melodía. A textura é monofónica ou monódica. Os seus autores son anónimos. O Canto Gregoriano é unha música feita para orar, e o auditorio ideal para escoitar este tipo de música sería unha catedral.
A Música Profana Medieval
Madrigal
Forma vocal italiana a 4 ou 5 voces de textura polifónica complexa e cun carácter descritivo. Destacan neste xénero os compositores Orlando di Lasso e Claudio Monteverdi.
Chanson
Forma vocal francesa a varias voces e de textura polifónica sinxela, normalmente con acompañamento instrumental. Posúe carácter descritivo e emprega a miúdo onomatopeas musicais.
Vilancico
Esta denominación fai referencia a un canto popular de “viláns”, nome que se daba aos habitantes das vilas.
O Neoclasicismo Musical
O Neoclasicismo xorde na década de 1920 como reacción fronte ao Impresionismo e ao Expresionismo. Supón unha volta á claridade formal do Clasicismo. O iniciador desta corrente foi Igor Stravinsky, ao cal lle seguiron Erik Satie, Carl Orff e Sergei Prokofiev.
A Música Reggae e o Legado de Bob Marley
O Reggae é o nome que recibe o estilo musical afrocaribeño nado en Xamaica. En Europa escoitouse por primeira vez no ano 1950, cando chegaron os primeiros inmigrantes da illa ao Reino Unido. Naqueles anos era coñecido co nome de bluebeat ou ska.
Bob Marley (1945-1981)
O cantante máis representativo deste estilo foi Bob Marley. Combinou melodías influídas por diversos estilos con letras reivindicativas. Tratou temas como a liberación da opresión e a loita polos dereitos, ao mesmo tempo que defendía o uso da marihuana. Morre o 11 de maio de 1981 como consecuencia dun cancro. Neste momento, el e o seu grupo, The Wailers, eran coñecidos en todo o mundo.
Características da Música Impresionista
- Melodías pouco definidas ou fragmentadas que utilizan escalas moi diversas e novos acordes.
- Busca de colorido orquestral con variedade de instrumentos.
- Uso da natureza como fonte de inspiración.
Características da Música Expresionista
- Busca do dramático mediante o uso de disonancias que producen unha tensión continua, sen momentos de repouso.
- Uso dun sistema atonal que rompe todas as regras de organización melódica e harmónica.
- Interpretación para pequenas formacións de cámara nas que cada instrumento cumpre un papel de solista.