Explorando a Filosofía de Nietzsche: Conceptos Clave

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 10,24 KB

TEXTO 1: Introdución e Conceptos Fundamentais

Friedrich Nietzsche: Contexto e Influencias

Friedrich Nietzsche (1844-1900) viviu nun período de cambios radicais en Europa: unificación de Alemaña, industrialización e crise do cristianismo. Influído por Schopenhauer, rexeitou o idealismo alemán e criticou a moral cristiá, proclamando a “morte de Deus” e anunciando o nihilismo. Propuxo o superhome e a vontade de poder como resposta á crise de valores. Aínda que pouco recoñecido en vida, a súa obra influíu no existencialismo, aínda que tamén foi deturpada polo nazismo.

O Nihilismo

Neste texto comeza falando sobre o nihilismo, este é un dos catro grandes temas da filosofía de Nietzsche. Nihilismo procede de “nihil” e entende a incapacidade para querer e valorar afirmativamente e é negación da vontade. O nihilismo recae na Morte de Deus, que representa a morte das verdades absolutas e das ideas inmutables. Para Nietzsche, Deus representa todo aquilo que é suprasensible, todo aquilo que lle dá sentido á vida apoiándose nun máis aló. Para o filósofo, todo isto morre, e coa “morte de Deus” derrúbase toda a nosa civilización, xa que os valores desta fundaméntanse na crenza de que o sentido do mundo está fóra do mundo. Por iso considera que o mundo suprasensible perdeu toda a forza. Esta destrución dos valores e dos conceptos da metafísica debe ser o punto de arranque do nihilismo activo que faga emerxer da nada, novos valores fieis á terra, como o único mundo que existe.

Nihilismo Negativo ou Pasivo

O nihilismo negativo ou pasivo é a tradición platónico-cristiá. A metafísica platónica e cristiá quitoulle valor ao mundo sensible.

Nihilismo Activo

O nihilismo activo será o que levará a negar os propios valores que conducen a este, á filosofía e á moral platónico-cristiá, polo que despexará o camiño para instaurar novos valores. Mentres que para o Dioniso era todo o bo o que causaba o pracer, a saúde, a satisfacción, os sacerdotes condénano. Deste modo, os sacerdotes impoñen os valores decadentes do asceticismo, o medo, a culpa, etc. O modelo de sacerdote é o xudeu e logo o cristián.

Aparición do Superhome

O nihilismo tamén está relacionado coa Aparición do Superhome (Übermensch), este é un ser capaz de estar á altura dun acto como a morte de Deus, é un novo Deus, un Deus terreal. Este daralle outro sentido á realidade, creará novos valores, fundamentados neste mundo, non no máis aló. Creará deste xeito o sentido da Terra.

As Tres Transformacións do Espírito

Para Nietzsche, a creación do superhome pasa por tres formas:

  • O camelo: representa o home capaz de soportar o peso da lei moral. A súa máxima é o deber kantiano.
  • O león: é o animal que se desfai das cargas opresoras e antinaturais, é o home que crea a súa liberdade dicindo “non”.
  • O neno: representa a vontade creadora e espontánea, a liberdade verdadeira, simboliza a existencia como a aventura e xogo; consiste nun natural e sincero dicirlle si á vida.

A Vontade de Poder

Para crear os novos valores que superen os anteriores, o superhome só conta coa súa vontade de poder. Esta significa vontade de dominio, de forza, de potencia vital. Nela, a vida é unha enerxía inquieta que constantemente crea novas formas de vida e destrúe outras, trátase da vida máis forte e agresiva, é a que impón a súa lei. É o poder dos creadores, é aquel que sen esforzo aprópiase da situación, é a que impón a súa lei. É o poder dos creadores, é aquel que sen esforzo aprópiase da situación pola súa propia grandeza. É unha vontade que se opón á vontade de igualdade. Isto é coñecido como vontade de poder.

A Transmutación dos Valores

Nietzsche tamén lle dá moita importancia á transmutación dos valores. Dálle gran importancia aos valores dionisíacos, fronte aos valores aceptados pola sociedade, os que considera falsos. Os seus escritos están marcados pola transmutación dos valores, pola necesidade de destruír definitivamente os vellos ideais e crear outros. Para el, a vida é o fundamento último de calquera valor, e segundo se axuste á vontade de poder, pode ser:

Moral de Señor

É a moral nobre, elevada, que xulga a partir do que é bo ou malo. É bo todo o que eleva o individuo, todo o que se basea na aceptación e afirmación da vida. É malo todo o contrario.

Moral do Escravo

É a moral da mediocridade, xorde do instinto de vinganza contra a vida superior. Glorifica todo o que eleva a vida dos débiles. É a moral da democracia, que pretende igualar a todas as persoas, o bo é igual e pobre.

Nietzsche defende que a primeira moral que existiu foi a dos señores, pero esta foi rexeitada. O filósofo defende que a moral para a cal se debe rexer a vida é a dos señores.

TEXTO 2: O Eterno Retorno e Outros Conceptos

Friedrich Nietzsche: Contexto e Influencias (Repetición)

Friedrich Nietzsche (1844-1900) viviu nun período de cambios radicais en Europa: unificación de Alemaña, industrialización e crise do cristianismo. Influído por Schopenhauer, rexeitou o idealismo alemán e criticou a moral cristiá, proclamando a “morte de Deus” e anunciando o nihilismo. Propuxo o superhome e a vontade de poder como resposta á crise de valores. Aínda que pouco recoñecido en vida, a súa obra influíu no existencialismo, aínda que tamén foi deturpada polo nazismo.

O Eterno Retorno

Neste texto, Nietzsche trata o eterno retorno, a repetición de xeito infinito dos ciclos temporais. Afirma que cada persoa, condenada a desaparecer do mundo, volverá a el no próximo ciclo, e volverá a ter a mesma vida, nos mesmos lugares, na mesma época e cos mesmos acontecementos. Isto alegra e consola a Nietzsche, xa que nun mundo onde todo cambia, se transforma e se destrúe, aquilo que foi vida e desapareceu volverá a ser vida. É a infinita repetición de todo o existente. Vincúlase coa visión crítica do tempo dos pensadores gregos e contrástase coa visión lineal do tempo do xudaísmo e o cristianismo. O retorno é similar á resurrección do cristianismo. Nietzsche acéptao ao consideralo unha vontade que é unha eterna necesidade. Non hai un tempo lineal, nin finalidade do universo, nin principio nin final. Cada instante é único pero á vez eterno, porque nel atópase a decisión de vivir cada momento con todo o sentido da existencia.

Nietzsche vs. Schopenhauer: A Vontade

Nietzsche destaca pola afirmación da vida por riba de todo, estivo influenciado pola vontade de vivir de Schopenhauer, pero mentres este defendía unha visión vitalista, cunha actitude de afirmación da vida. Por outro lado, Schopenhauer entende que a vontade de vivir está presente en toda realidade, eleva a todos os seres a loitar pola súa supervivencia. Determina que esta vontade de vivir inevitablemente deriva en morte e dor. Para el, a liberación da dor pódese acadar mediante o asceticismo ou renuncia radical á vontade de vivir.

Aparición do Superhome (Repetición)

Todo isto lévanos á aparición do Superhome (Übermensch), este é un ser capaz de estar á altura dun acto como a morte de Deus, é un novo Deus, un Deus terreal. Este daralle outro sentido á realidade, creará novos valores, fundamentados neste mundo, non no máis aló. Creará deste xeito o sentido da Terra.

As Tres Transformacións do Espírito (Repetición)

Para Nietzsche, a creación do superhombre pasa por tres formas:

  • O camelo: representa o home capaz de soportar o peso da lei moral. A súa máxima é o deber kantiano.
  • O león: é o animal que se desfai das cargas opresoras e antinaturais, é o home que crea a súa liberdade dicindo “non”.
  • O neno: representa a vontade creadora e espontánea, a liberdade verdadeira, simboliza a existencia como a aventura e xogo; consiste nun natural e sincero dicirlle si á vida.

O Nihilismo e a Morte de Deus (Repetición)

O superhome xorde debido ao nihilismo; o nihilismo recae na Morte de Deus, que representa a morte das verdades absolutas e das ideas inmutables.

Para Nietzsche, Deus representa todo aquilo que é suprasensible, todo aquilo que lle dá sentido á vida apoiándose nun máis aló. Para o filósofo, todo isto morre, e coa “morte de Deus” derrúbase toda a nosa civilización, xa que os valores desta fundaméntanse na crenza de que o sentido do mundo está fóra do mundo. Por iso considera que o mundo suprasensible perdeu toda a forza.

Nihilismo Negativo ou Pasivo (Repetición)

O nihilismo negativo ou pasivo é a tradición platónico-cristiá. A metafísica platónica e cristiá quitoulle valor ao mundo sensible.

Nihilismo Activo (Repetición)

O nihilismo activo será o que levará a negar os propios valores que conducen a este, á filosofía e á moral platónico-cristiá, polo que despexará o camiño para instaurar novos valores. Mentres que para o Dioniso era todo o bo o que causaba o pracer, a saúde, a satisfacción, os sacerdotes condénano. Deste modo, os sacerdotes impoñen os valores decadentes do asceticismo, o medo, a culpa, etc. O modelo de sacerdote é o xudeu e logo o cristián.

A Vontade de Poder (Repetición)

Para crear os novos valores que superen os anteriores, o superhome só conta coa súa vontade de poder. Esta significa vontade de dominio, de forza, de potencia vital. Nela, a vida é unha enerxía inquieta que constantemente crea novas formas de vida e destrúe outras, trátase da vida máis forte e agresiva, é a que impón a súa lei. É o poder dos creadores, é aquel que sen esforzo aprópiase da situación, é a que impón a súa lei. É o poder dos creadores, é aquel que sen esforzo aprópiase da situación pola súa propia grandeza. É unha vontade que se opón á vontade de igualdade. Isto é coñecido como vontade de poder.

Entradas relacionadas: