Explorando a Literatura Galega: Exilio, Fin de Século e Narrativa
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,33 KB
Contexto da Poesía do Exilio
Contexto poesía do exilio: Falar un pouco do autor e da súa obra
A represión exercida durante a ditadura impediu que se continuase en Galiza co labor desenvolvido no primeiro terzo do século XX (Irmandades da Fala, SEG e Xeración Nós). Por iso, foi no exilio en América onde se levou a cabo unha intensa actividade política e cultural (publicación de obras, creación de infraestrutura editorial, formación de grupos teatrais, organización de actos diversos, emisións radiofónicas, etc.).
Outras dúas obras representativas deste período son:
- A soldadeira, obra teatral de Seoane, na que mestura dúas épocas (a revolta dos irmandiños e o 1936) para situar no pasado os problemas que se vivían no tempo presente.
- Non agardei por ninguén, de Ramón de Valenzuela, narración de circunstancias situadas na Guerra Civil.
Contexto da Poesía de Fin de Século
Contexto poesía de fin de século:
A publicación en 1976 de Con pólvora e magnolias, de Ferrín, e Mesteres, de Arcadio López-Casanova, supuxo un punto de inflexión na poesía galega. O socialrealismo, cada vez máis cuestionado pola súa falta de coidado estético e por unha mensaxe social reiterativa, dá paso a unha nova corrente poética máis atenta á forma, á linguaxe e aberta a temáticas diversas. Culturalismo, experimentalismo, esteticismo, europeísmo e cosmopolitismo definen esta nova etapa lírica, cuxas influencias chegan ata a actualidade.
Xa nos anos 90, aínda que a poesía social perdera protagonismo, algúns e algunhas poetas seguen incorporando unha visión crítica sobre o mundo contemporáneo, posicionándose contra o militarismo, a prol do ecoloxismo ou do feminismo. Esta nova orientación temática vén da man dun destacado grupo de mulleres que se incorporan entón ao panorama literario galego, achegando un discurso feminino e feminista que continúa vixente no século XXI.
Entre estas autoras que traballan desde unha perspectiva feminista destacan nomes como Lupe Gómez, con Pornografía, ou María Reimóndez, con Moda galega. Todas elas exploran novas formas e temáticas, contribuíndo a enriquecer e diversificar a lírica galega nacida a partir de 1976.
Contexto da Narrativa de Fin de Século
Contexto narrativa de fin de século:
A chegada da democracia, xunto coa introdución do galego no ensino, a creación de novas editoriais —como Xerais (1979) ou Sotelo Blanco (1980)— e a proliferación de premios literarios —como o Premio Blanco Amor ou o Premio Xerais—, propiciaron que a narrativa galega alcanzase unhas cotas de desenvolvemento, tanto a nivel cuantitativo como cualitativo, nunca antes experimentadas. A prosa galega conságrase definitivamente nos anos 80, caracterizándose por unha notable diversificación de estilos, temas e rexistros lingüísticos. É tamén nesta década cando nace a Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) galega.
Xunto á narrativa experimental, aparece nesta etapa a denominada novela de "quiosco", que busca atraer un público lector máis amplo. As temáticas son diversas, destacando a novela erótica —como Anel de mel, de Xulio López Valcárcel— e, sobre todo, o nacemento da novela policial galega coa publicación de Crime en Compostela, de Carlos Reigosa. Este último xénero consolídase e mantense ata hoxe, con autores e autoras como Diego Ameixeiras (Baixo mínimos), Arantza Portabales (Beleza vermella) ou Domingo Villar (A praia dos afogados).
Pensamentos sobre a Lingua Galega
Luís Seoane: ”queremos enriquecer o mundo coa nosa diferenza”
Álvaro Cunqueiro: “a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo”
Castelao: “se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”.
Castelao: “a superioridade non está no idioma que se fala; está no que se sabe, no que se di e no que se fai”.
Celso Emilio: “lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gusta, porque me peta e quero e dáme a gaña”.
Manuel Antonio: “a nosa fala é nosa. Pospola a outra calquera, é unha forma de suicidio”.