Explorando a Semántica do Léxico Galego: Relacións e Evolución do Significado

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 8,58 KB

As relacións semánticas das palabras

1. Relacións de significado

As palabras establecen diversas relacións de significado que enriquecen o léxico dunha lingua.

Polisemia

A polisemia é a relación de significado que se dá cando unha mesma palabra pode ser empregada con diferentes significados (un significante para varios significados). Nos dicionarios, cada un dos significados constitúe unha acepción e márcase cun número. Exemplo: Estender:

  • 1. Facer que algo que está encollido ocupe máis espazo.
  • 2. Chegar ou facer que algo chegue a moita xente, etc.

Homonimia

Na homonimia, as palabras teñen o mesmo significante, pero significados diferentes e non relacionados. Moitos homónimos débense a unha coincidencia formal de palabras que teñen diferente orixe (distinto étimo). Se esa coincidencia formal se dá a nivel de pronuncia, falamos de homófonas (baca/vaca). Se a identidade é gráfica, son homógrafas (don -regalo-/ don -tratamento-). No dicionario teñen entradas diferentes. Exemplos:

  • aterrar: (de a + lat. TERRERE “aterrorizar”) Causar terror.
  • aterrar: (de a + terra) Pousar na terra un avión, helicóptero ou nave espacial.

Sinonimia

A sinonimia é a relación entre dúas ou máis palabras da mesma clase que teñen significado semellante ou idéntico. Falamos de sinonimia absoluta ou total se o significado é intercambiable en todos os contextos, e de parcial cando iso non se dá, que é o máis habitual. Entre os sinónimos totais están as variantes xeográficas (raposo, golpe) ou as situacionais ou sociais (oculista, oftalmólogo). O habitual, xa que logo, é a sinonimia parcial:

  • «Non podo comer máis, estou farta/chea».
  • «A papeleira está chea» (non *farta*).

Antonimia

No léxico dunha lingua existen palabras que presentan significados opostos. A relación que se establece é de antonimia e pode presentarse baixo diversas formas:

  • Antónimos complementarios: parellas de palabras con significados incompatibles: vivo-morto.
  • Antónimos graduais: presentan significados opostos nunha gradación: escuro-claro.
  • Antónimos inversos: un termo existe en función do outro: alumno-profesora.

Hiperonimia e Hiponimia

Para finalizar este apartado, falaremos da hiperonimia e da hiponimia, que ten que ver coa disposición xerárquica que se establece nun conxunto de palabras. O hipónimo é unha palabra que queda integrada no significado dun termo máis xeral que se denomina hiperónimo: frauta, violín son hipónimos do hiperónimo instrumento. Os hipónimos correspondentes a un mesmo hiperónimo son entre si cohipónimos.

2. Denotación e Connotación

Chámase denotación ao significado obxectivo dunha palabra. Ademais dese significado denotativo, as palabras poden suxerir ou evocar outra información de carácter subxectivo denominada connotación ou significación connotativa. O significado denotativo de primavera é o que serve para designar a estación do ano; pero, ademais, a voz primavera contén connotacións relativas ao renacer da natureza, á mocidade ou á enerxía vital, o que permite empregala en sentido figurado en expresións como a «primavera da vida». As connotacións das palabras adoitan ter relación con ideoloxías ou sistemas de valores presentes na sociedade, de aí que se fale de termos con connotacións positivas ou negativas.

3. Tabú, Eufemismo e Disfemismo

Por pudor, superstición ou ideoloxía, algúns conceptos son considerados socialmente incorrectos, polo que tenden a evitarse as palabras con que habitualmente se designan, como sucede cos termos relacionados con accións fisiolóxicas, co sexo, etc. Estes conceptos e termos reciben o nome de tabús. O termo substitutivo usado en lugar do tabú recibe o nome de eufemismo. Polo tanto, son palabras consideradas decorosas no canto doutras voces con connotacións pexorativas (o tabú). Exemplos témolos no uso de dar a luz (por parir), embarazo (por preñez), conflito bélico (por guerra), danos colaterais (por vítimas civís), etc.

Relacionado coas nocións de tabú e eufemismo está o emprego da linguaxe politicamente correcta, que evita certas palabras ou construcións por considerar que están cargadas de connotacións machistas, racistas, xenófobas, despectivas ou discriminatorias. Responden a esta vontade termos como invidente, terceira idade, persoa de cor.

Algúns termos posúen sinónimos informais con connotacións negativas: reciben o nome de disfemismos (sacamoas por dentista, espichala por morrer).

4. Os cambios semánticos

Por outro lado, hai palabras que amplían o seu significado pola esixencia de designar unha nova realidade ou aparecen outras novas (préstamos e neoloxismos: kit, interface, camping, anglicismos introducidos pola influencia do inglés, en lugar de equipamento, interconexión, acampamento) que enriquecen o léxico segundo as necesidades que haxa en cada momento.

Os factores que explican os cambios semánticos son variados e complexos. Estes adoitan agruparse dependendo da súa clase.

Factores dos cambios semánticos

Factores de tipo histórico

As linguas evolucionan de xeito paralelo a como o fan as sociedades que as falan; entre estas mudanzas está o cambio de significado dalgunha palabra, como azafata, que orixinariamente significaba «camareira ao servizo da raíña»; prensa, «máquina de escribir», etc. Tamén se poden recoller aquí eses cambios provocados pola aparición dun novo produto, unha nova ferramenta, unha nova ideoloxía, etc., ou pola evolución mesma de conceptos xa existentes, como sería o caso de democracia.

Factores sociais

O significado da palabra modifícase porque a apreciación que a sociedade ten dese significado cambia e chega a máis realidades ou grupos sociais diferentes; isto redúcese dun significado máis xeral a un significado máis particular.

Factores lingüísticos

Falamos de causas lingüísticas cando os significados de dúas palabras se acaban contaxiando pola proximidade e o uso que a sociedade fai delas. Por un lado, existen cambios semánticos que afectan a categoría gramatical dun termo, como é o caso de cigarro puro, onde o adxectivo puro pasa a empregarse só nun contexto de substantivo: «un puro». Por outro lado, poderiamos falar tamén aquí de termos que aparecen sempre xuntos, nos que empregamos recursos como a elipse, ou ben a metáfora e a metonimia.

Por pudor, superstición ou ideoloxía, algúns conceptos son considerados socialmente incorrectos, polo que tenden a evitarse as palabras con que habitualmente se designan, como sucede cos termos relacionados con accións fisiolóxicas, co sexo, etc. Estes conceptos e termos reciben o nome de tabús. O termo substitutivo usado en lugar do tabú recibe o nome de eufemismo. Polo tanto, son palabras consideradas decorosas no canto doutras voces con connotacións pexorativas (o tabú). Exemplos témolos no uso de dar a luz (por parir), embarazo (por preñez), conflito bélico (por guerra), danos colaterais (por vítimas civís), etc. Relacionado coas nocións de tabú e eufemismo está o emprego da linguaxe politicamente correcta, que evita certas palabras ou construcións por considerar que están cargadas de connotacións machistas, racistas, xenófobas, despectivas ou discriminatorias. Responden a esta vontade termos como invidente, terceira idade, persoa de cor. Algúns termos posúen sinónimos informais con connotacións negativas: reciben o nome de disfemismos (sacamoas por dentista, espichala por morrer).

Entradas relacionadas: