A Filosofía Escolástica: Etapas, Autores e a Recepción de Aristóteles
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,1 KB
A Filosofía Escolástica
1. Introdución
O ideal do saber da Idade Media é aspirar a unha cultura que asimile as belezas do saber clásico e as refira a Deus como fonte de toda beleza. Polo que se intentaba era superar o cumio alcanzado pola razón da filosofía grega, intentando lograr unha estreita colaboración entre a fe e a razón, o cal será o permanente reto que ocupará os autores destes séculos. Moitas das formulacións filosóficas gregas serviron de base racional explicativa ás ideas cristiás.
2. A Filosofía Escolástica
A Escolástica refírese ao ensino que se practicaba nas escolas monacais, episcopais ou palatinas na Idade Media.
2.1. Etapas e autores destacados
Adoitan distinguirse tres etapas:
Período de Formación
- Primeiro, a tarefa consistiu en recompilar textos antigos.
- No século XII esbózanse as grandes sínteses doutrinais. As escolas alcanzan gran celebridade.
- Destaca Pedro Abelardo, considerado o creador do método escolástico e partidario de aplicar a dialéctica; e Pedro Lombardo, que realizou unha importante tarefa de recompilación e sistematización.
Período de Apoxeo
- É o momento de madurez da filosofía escolástica, onde se producen as grandes sínteses doutrinais teolóxico-filosóficas.
- Lógrase unha idea máis clara do papel da filosofía, destacando San Tomás de Aquino.
- A obra de Aristóteles é coñecida na súa totalidade grazas á tradución directa do grego.
- As universidades son os centros culturais máis importantes, nelas impártense ensinanzas reguladas con cursos e mestres fixos.
Período de Crise ou Decadencia
- O optimismo é substituído agora por unha actitude crítica cara á conciliación entre fe e razón.
- Guillermo de Ockham, ao defender a peculiaridade dos contidos relixiosos, favorece indirectamente a autonomía da filosofía que debe atopar o seu propio camiño.
- A isto contribúen outros movementos como o místico especulativo, representado polo Mestre Eckhart.
3. O Coñecemento de Aristóteles na Idade Media
Ata o século XII, Aristóteles é coñecido só parcialmente a través da obra de Boecio, o cal traduce o libro Organon e a Isagoxe.
Neste século, a presenza de Aristóteles acentúase grazas ao coñecemento en Occidente dos filósofos árabes Avicena (aristotelismo platonizante) e Averroes (aristotelismo puro).
A completa entrada das obras de Aristóteles ten lugar no século XIII de mans de San Tomás de Aquino. O seu interese polo coñecemento directo de Aristóteles lévao a encargar unha tradución de todas as súas obras.