A Filosofía de Hannah Arendt: Totalitarismo, Mal Radical e Banalidade
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,05 KB
Hannah Arendt e a Natureza do Mal Totalitario
O Totalitarismo e a Identificación do Inimigo
A organización totalitarista baséase nunha rede de organismos superpostos uns a outros. No relativo á identificación dos inimigos, podemos distinguir:
- Nazismo: Consideraban as “razas inferiores” e colectivos prescindibles.
- Estalinismo: Identificaban os suxeitos que detiñan o avance das forzas produtivas.
Os Campos de Concentración
Da man dos totalitarismos, naceron os campos de concentración, unhas institucións de carácter permanente para refacer a condición e o mundo da vida humanos; destruíndo a liberdade, a pluralidade e a participación política. Exemplos disto son os Gulags da URSS e os campos de concentración de xudeus en Alemaña.
O Mal Radical e a Banalidade do Mal
A reflexión de Arendt sobre a natureza do mal desenvólvese en dúas fases principais, ligadas ás súas obras máis importantes.
O Mal Radical (As Orixes do Totalitarismo)
Ao final da obra As orixes do totalitarismo, a autora adopta o concepto de Kant do mal radical, considerando que o mal está nos acontecementos e non nas intencións. Defínese como o mal que se dá cando o suxeito leva a cabo as súas accións a pesar de reflexionar e coñecer as súas negativas consecuencias. É a personalidade dos líderes fascistas.
A Banalidade do Mal (Eichmann en Xerusalén)
Nos anos 60, no xuízo de Adolf Eichmann, retómase este concepto e Arendt publica o libro Eichmann en Xerusalén: Un relato sobre a banalidade do mal.
Segundo Arendt, Eichmann actuaba co fin de ascender e acataba ordes, sen reflexionar sobre as consecuencias. Isto é o mal banal, cando non existe unha reflexión sobre os actos e se seguen as normas sen pensar.
A Responsabilidade Política
Isto explica que as traxedias como o Holocausto sucedan pola falta de reflexión dunha poboación: ou ben incapaz de pensar, ou incapaz de poñerse no lugar do outro debido ao réxime ao que se atopan sometidos, e que os fai actuar conforme ao benestar privado e familiar. De aí que Arendt faga fincapé na responsabilidade (no sentido político de facerse cargo do mundo no que vivimos). Esa responsabilidade de acción está directamente relacionada coa reflexión mencionada para non caer na banalidade do mal.
Conclusión: O Legado de Hannah Arendt
En conclusión, Hannah Arendt foi unha das autoras máis influentes do século XX, pola súa nova forma de entender a política, diferenciándose dos clásicos como Weber, Hobbes ou Maquiavelo. A súa crítica influíu sobre pensadores como Judith Butler ou Michel Foucault, quen desenvolveron as ideas de Arendt nas súas obras.