Filosofía Medieval: A Escolástica, o Nacemento da Universidade e as Leis de San Tomé de Aquino

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,99 KB

A Noción de Escolástica e o Nacemento da Universidade

A filosofía medieval é coñecida como Escolástica, que é a filosofía e teoloxía ligada ás escolas e ás universidades. O peche das últimas escolas pagás sinala o fin da cultura antiga. A apertura de novas escolas ou a integración das antigas marca o comezo dunha nova cultura.

A Escolástica xurdiu como estudo racional da revelación cristiá coa intención de interpretar o dogma e sistematizar a doutrina cristiá, así como achegar argumentos racionais. Só nun segundo momento, os elementos racionais de dita especulación deron paso a unha reflexión filosófica que debía mostrarse sempre coincidente e harmónica, ou non contraria, cos dogmas do cristianismo. Os grandes problemas que abordou a Escolástica foron:

  • A conciliación entre razón e fe.
  • A demostración racional da existencia de Deus e a inmortalidade da alma.
  • A posibilidade de coñecer a esencia infinita de Deus mediante a teoloxía negativa ou a doutrina da analoxía.
  • A creación ex nihilo e a continxencia dos seres creados fronte ao carácter necesario do ente divino.

Períodos do Pensamento Escolástico Medieval

O pensamento escolástico medieval pode dividirse en tres períodos:

  • Alta Escolástica (séculos XI e XII): iníciase con Santo Anselmo de Aosta e prosegue na obra de Abelardo.
  • Escolástica Media (século XIII): período de maior expansión do pensamento escolástico. Ve nacer as primeiras universidades, a introdución do pensamento de Aristóteles no Occidente latino e a fundación de grandes ordes relixiosas mendicantes.
  • Baixa Escolástica (séculos XIV e XV): período de crise e decadencia do pensamento escolástico. Destaca Guillermo de Ockham.

Lei Divina, Lei Natural e Lei Positiva en San Tomé de Aquino

Para Tomé de Aquino, o Estado é unha institución natural fundamental para o ser humano e querida por Deus. Agostiño cría que a felicidade se podía conseguir dentro da polis, e Tomé, que só se pode atopar no encontro con Deus, sendo a Igrexa a responsable de conseguilo ao recoller os mandatos de Deus directamente.

As leis en San Tomé de Aquino son:

  • Lei Divina: plan de Deus que podemos coñecer na súa totalidade.
  • Lei Natural: parten da Lei Divina, que lle permiten a Deus regular o comportamento dos humanos.
  • Lei Positiva: son as que rexen o Estado.

As leis positivas e naturais fúndanse na participación que os humanos teñen na Lei Divina.

San Tomé cre que o poder de Deus é a Divina Providencia; por iso, todo o que acontece no universo é así porque Deus o quere.

Na sociedade necesítase un gobernante subordinado ás leis naturais e á Igrexa, que aplique a lei natural a través da positiva e que nunca poida estar en contra das leis naturais.

Entradas relacionadas: