Filosofía e Retórica na Democracia Ateniense: O Legado dos Sofistas e a Dicotomía Nomos-Physis

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,03 KB

Orixe e Función dos Sofistas na Atenas do Século V

Atenas do século V, dadas as características da democracia, viu como o triunfo na ágora (a praza onde se decide quen gaña) produciu os sofistas, que gañaban polas súas argumentacións na asemblea.

O Sofista: Mestre da Palabra e da Virtude

Os sofistas eran estranxeiros que chegaban a Atenas e eran mestres da palabra, xa que ensinaban a falar na ágora e cobraban diso. Ensinaban aos homes a ser sabios, a ter esa virtude, por iso se chaman mestres da virtude.

Aos sofistas non lles interesaban as cuestións privadas, senón públicas, e pretendían facer oír a súa voz a través dos que si podían ser escoitados. Esta intención choca cos intereses dos privilexiados e cos de máis influencia na asemblea, dando lugar a que fosen considerados charlatáns e desprestixiados.

Relativismo Sofístico: Nomos vs. Physis

Eles defendían o relativismo das normas sociais e os costumes tradicionais. A xustificación deste relativismo é a diferenza entre a lei social (nomos) e a lei da natureza (physis).

  • Leis da Natureza (Physis): Son inmutables e eternas.
  • Leis da Cidade (Polis): Son obxecto de opinión e acordo.

A Primeira Xeración Sofística e a Xustificación Democrática

Os sofistas da primeira xeración, como Protágoras, desenvolveron unha xustificación teórica do goberno democrático e combateron a concepción tradicional e aristocrática da polis.

Para eles, os dereitos non debían estar ligados ao nacemento nin ás leis impostas polos deuses, senón que os dereitos e as leis serían resultado dun consenso entre a xente da polis. E o que se acorda non pode adoptarse como verdade, senón como unha opinión que queda aberta a novas discusións.

O Relativismo no Coñecemento e a Crítica de Sócrates

Esta actitude relativista por parte dos sofistas con respecto ás normas sociais estendeuse ata abarcar tamén o campo do coñecemento intelectual.

O Escepticismo de Gorgias

Algúns sofistas, como Gorgias, afirmaron que o coñecemento seguro da totalidade da natureza non era posible, xa que o noso entendemento é moi limitado. A palabra coa que expresamos o noso pensamento é un signo convencional que non é a condición verdadeira, senón que é un mero acordo que se pode cambiar. A partir de , a palabra convértese nun instrumento de manipulación da verdade.

A Postura de Sócrates

Fronte a isto, Sócrates non cría que os valores morais fosen relativos. O valor das leis non vén da convención, senón da busca dun ben xeral.

Entradas relacionadas: