O Franquismo: Características, Estrutura e Represión da Ditadura en España
O Franquismo: Características e Pilares do Réxime Ditatorial
Un Réxime Ditatorial
- Franco: poderes absolutos, autoritarismo extremo.
Características do Réxime:
- Totalitarismo: inspiración fascista, partido único, sen liberdades.
- Caudillismo: concentraba os poderes.
- Estado unitario e centralista: nacionalismo “español” o único aceptado.
- Represión: persecución de todo o que parecese republicano, oposición. Medo.
- Control dos medios de comunicación: censura, control polo poder político.
- Muller: subordinación, familia patriarcal, moral católica. O seu sitio era o fogar.
Pilares do Réxime:
- Exército: principal soporte do réxime.
- Partido único: Movemento Nacional (1958), incluía Fronte de Xuventudes (OJE), Sección Feminina, Sindicato Español Universitario (SEU), Central Nacional Sindicalista (= Sindicato Vertical, con patróns e obreiros). Afiliación obrigatoria.
- Igrexa Católica: Estado confesional católico, financiamento, establecía moral oficial.
- Elites económicas e sociais.
Estrutura do Novo Estado Franquista
A) Concentración de Poderes:
- Na persoa de Franco (os cinco poderes).
B) Leis Fundamentais:
Buscaban dar aparencia de legalidade e substituír a Constitución.
- “Fuero del Trabajo” (Nacional-Sindicalismo, establecía relacións laborais).
- Lei de Unidade Sindical.
- Lei de Cortes (Cortes consultivas e deliberativas. Procuradores. Non había eleccións directas. Desde 1966 representaba a: familia, municipio, sindicato).
- “Fuero de los Españoles” (Dereitos e deberes, pero sen garantía. Establecía a obediencia ás leis e fidelidade a Franco. Certo parecido cunha Carta Outorgada/Estatuto Real).
- Lei do Referendo Nacional (Franco podía someter a consulta certas cuestións, maiores de 21 anos).
- Lei de Sucesión (España era un reino, Franco decidiría quen o sucedería co título de rei).
- Lei de Principios do Movemento Nacional (Pretendía actualizar o partido único).
- Lei Orgánica do Estado (Creaba a “democracia orgánica”, considerada polo réxime como algo que superaba os defectos da democracia liberal).
C) Organización Territorial:
Estado centralista e uniformizador.
- Provincia: Gobernador Civil e Gobernador Militar.
- Capitáns Xerais: para as rexións militares.
- Alcaldes: tamén eran xefes locais do Movemento.
D) Organización do Traballo:
A partir da Lei de Unidade Sindical:
- Copiaban o modelo corporativo de traballo italiano.
- O Estado era o que ditaba as condicións laborais.
- Non había dereito a folga nin a negociación.
Unha Represión Organizada no Franquismo
Lei de Responsabilidades Políticas:
O Exército era o encargado de depurar a todos os colaboradores coa República; baixo a súa xurisdición celebrábanse consellos de guerra nos que os procesados estaban completamente indefensos. Houbo moitos executados, moitos presos (en cárceres e campos de concentración) e empregados para realizar obras públicas. Os que non eran encarcerados, vivían ocultos e no silencio por medo. As propiedades dos vencidos eran confiscadas. Os funcionarios republicanos tamén foron depurados (destacaban os mestres). A lingua e a cultura foron silenciadas.