El Franquismo y la Economía Española
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,96 KB
FRANQUISMO: POLÍTICA
A Guerra Civil supuxo a interrupción da modernización socioeconómica do primeiro terzo do século XX.
Autarquía y apertura al exterior
A economía española durante la época del franquismo pódese dividir en dúas etapas. A primera etapa, é a da autarquía que tiña como obxectivo lograr a autosuficiencia económica, para non depender economicamente do exteriro, impulsando a produción interior e dificultando as importacións mediante a imposición de elevados aranceis.
A segunda etapa parte do ano 1959 cando se aproba o Plan de Estabilización Nacional e España abriu a súa economía ao exterior e comezan a chegar os investimentos estranxeiros atraídos pola man de obra abundante e barata.
Impacto en la agricultura y medidas tomadas
Na agricultura descendeu a produción debido aos problemas no abastecemento de alimentos e ao aumento dos prezos. As clases baixas sufriron a inflación e os baixos salarios e tiveron que recorrer a unha economía de subsistencia.
O atraso económico condenou a poboación á fame e a miseria. Ante esta situación, o goberno viuse obrigado ao establecemento de cartillas de racionamento e interveu a produción agrícola a través do Servizo Nacional do Trigo que obrigaba aos agricultores a entregar a maior parte das colleitas a un prezo regulado.
Desarrollo industrial y planes de desarrollo
Para incrementar a produción agraria tomáronse medidas como a explotación de novas terras coacreación do Instituto Nacional de Colonización. Na década de 1950 iniciáronse plans integrais co desenvolvemento de regadíos, a construción de vivendas e a extensión da rede eléctrica destacando o plan Badaxoz. Tamén se aprobou a Lei de Concentración Parcelaria para evitar o minifundismo.
No ámbito industrial seguiuse a política intervencionista. Aínda evitando o contacto económico có exterior a dependencia tecnolóxica e enerxética do estranxeiro provocou que non se cumprisen os obxectivos marcados.
Recuperación económica y emigración
A partir dos anos 50 iniciouse a recuperación económica que se produciu grazas as boas colleitas que permitiron ter excedentes agrícolas e a importante cantidade de divisas, materias primas ,fontes de enerxías e bens de equipo proporcionada polos acordos con EEUU. Ademais, a poboación española experimentou nesta etapa un crecemento demográfico importante que permitiu dispoñer de man de obra abundante.
Cabe destacar que durante este segundo período aínda que se produciu un desenvolvemento económico, nesta a década se produciu un gran incremento da emigración.
Crisis económica y legado
Todo este desarrollismo finaliza coa crise económica do 73, cando se produce a suba dos prezos do petróleo, que en España se traduce en inflación e conflitividade laboral, deixando un legado de difícil xestión para la etapa política da Transición.