O franquismo: vella orde social, política internacional, papel da muller, Sáhara e oposición

Historia3,18 KB

Vella orde social

O franquismo tentou restaurar a vella orde social apoiándose nos grupos sociais contrarios á Repúblic: a burguesía terratenente e industrial, que mantivo o seu dominio económico; o Exército e a Falanxe, cuxos membros desempeñaron cargos políticos; e a Igrexa católica, que recuperou a súa preeminencia social coa confesionalidade do Estado.

Cambios na política internacional

Despois da guerra civil, España apoiou ás potencias fascistas, pero tras a Segunda Guerra Mundial quedou illada nacionalmente. A partir de 1950 comezou a romper o illamento mediante colaboracións cos Estados Unidos, como aliado na loita contra o comunismo, e mediante un concordato co Vaticano, que garantía a preeminencia da Igrexa católica.

O papel da muller

O franquismo relegou a muller ao ámbito doméstico e estableceu a desigualdade de sexos ante a lei, coa xustificación da superioridade física e intelectual do home.

A Sección Feminina

A Sección Feminina foi unha organización dentro da Falanxe Española coa función de inculcar nas mulleres as ideas falanxistas e nacionalcatólicas, para fomentar exclusivamente o traballo doméstico.

Desigualdade xurídica

A desigualdade xurídica someteu á muller á autoridade do marido, ao que tiña que obedecer:

  • Legal: castigo por adulterio e concubinato peor que o do home, supresión do divorcio e do matrimonio civil, prohibición de bens propios para a muller casada e necesidade de permiso para exercer unha profesión.
  • Laboral: salario menor no mesmo traballo, despido non penalizado e sen acceso a subvencións familiares.
  • Educación: menos contidos científicos e humanísticos para as mulleres, que recibían formación para as tarefas do fogar, e segregación por sexos.

O Sáhara

O Sáhara era a última colonia española. A Fronte Polisario avogaba pola independencia, aínda que o territorio era ambicionado por Marrocos e Mauritania. En 1975 organizouse unha invasión pacífica, a Marcha Verde, que o Goberno de Franco tolerou, cedendo o Sáhara a Marrocos e Mauritania.

Grupos sociais e políticos da oposición

A partir de 1960, os grupos sociais e políticos implicados na loita contra o franquismo foron os partidos PCE, PSOE, PNV, UPG, PSG, entre outros, e algúns sindicatos como CCOO, USO e UGT.

Focos de protesta

A oposición manifestouse na guerrilla antifranquista e nos intentos de reconstrución do PCE. Nos anos 60 e 70, o movemento obreiro organizou folgas impulsadas polo nacionalismo galego e o PCG. As universidades foron outro foco de oposición, que culminou cunha manifestación que supuxo unha folga xeral, paralizando Vigo en 1972 tras a matanza de dous obreiros na empresa Bazán.

Descargar

PDF Word HTML