Fundamentos da Ciencia Política: Do Contrato Social á Teoría de Max Weber
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,98 KB
Fundamentos da Ciencia Política: A Natureza do Poder
Os seres humanos somos animais políticos; resultaría imposible ser apolíticos vivindo en sociedade. A política pode entenderse como a interacción social entre individuos ou como a acción de gobernar, o que podemos chamar a "política profesional", a forma de acadar o poder.
A Orixe da Sociedade e o Estado
Isto é estudado pola ciencia política, que busca a mellor forma de organización social. Hai quen di que a sociedade ten unha orixe natural, como Aristóteles, ou que tivemos que facer un cambio na organización para pasar desta sociedade natural ao Estado; postuláronse ante isto as ideas de Hobbes, Locke e Rousseau (principalmente).
O debate ante o modo de organización da sociedade sempre estará vixente. Cada persoa ten a súa idea e, no caso de querer levala a cabo, intentará chegar ao poder e posicionarse no alto da estrutura piramidal.
Formas de Exercicio do Poder
Organizamos a sociedade a través do poder, e existen diferentes formas de aplicalo:
- Pola forza: Implica unha ameaza cara ao pobo.
- Pola influencia: Utilizando a propaganda.
- Por autoridade: Procurando que o pobo acepte o teu poder.
Max Weber e a Lexitimidade da Autoridade
Max Weber falou da lexitimidade: un tipo de poder no que os cidadáns recoñecen e aceptan a autoridade do Estado. Para el, este concepto era o máis importante e debía ser cumprido. Pero, que é a autoridade? A raíz disto podemos distinguir tres tipos:
- A autoridade tradicional: Baséase no que sempre se fixo; é propia das sociedades menos avanzadas.
- A autoridade carismática: Propón un vínculo co líder no que o pobo recoñeza as capacidades extraordinarias deste para que sexa aceptado.
- A autoridade racional-legal: É aquela que busca os mellores medios para chegar a un fin e que, mediante a soberanía popular, aproba unhas leis aplicables a todos.
A Definición de Estado segundo Weber
Cabe destacar a definición do Estado feita por Weber. O Estado é unha institución impersoal, xa que non importa quen estea no poder, este aplicarase por igual. Aplica o seu poder igualitariamente en todo o seu territorio. Ademais, este ten o monopolio da violencia; é dicir, só os grupos determinados por este poden aplicar a violencia legalmente e sen consecuencias xurídicas.
Segundo isto, poderiamos dicir que Weber apoiaría algunha das teorías do contrato social, xa que, observando a súa reflexión, non considera a nosa sociedade como completamente natural: houbo un paso desta ao Estado no que se aplicaron leis e outros regulamentos.