Os fundamentos da civilización griega: origen, cultura y sociedad
Os fundamentos da civilización grega
Os gregos aumentaron e difundiron por todo o Mediterráneo os progresos culturais herdados dos seus veciños: os cretenses, os fenicios e os pobos do Crecente Fértil.
Herdanza cultural e aportacións gregas
- Entre a herdanza cultural destacan: economía productora, sociedade escravista e a escritura.
- Acontecementos proporcionados polos gregos: democracia, filosofía e teatro.
Espazo xeográfico
Ocupaban o sur da península Balcánica, a costa de Asia Menor e as illas dos mares Exeo e Xónico. Este espazo caracterizouse polo relevo accidentado, con altas montañas e profundos vales, e unha vexetación pobre, debido ao clima seco e caluroso.
Estas características físicas dificultaron o desenvolvemento da actividade agrícola e impulsaron o comercio marítimo.
O territorio montañoso illaba unhas rexións doutras e impedía formar unha unidade política común. Organizáronse por cidades-estado independentes chamadas polis, con sistemas propios de goberno. Polis destacadas: Atenas e Esparta en Ática e Laconia, Focea e Mileto en Asia Menor, e Rodas, Samos e Lesbos nas illas do Exeo.
Identidade e festas panhelénicas
Os griegos sentíanse unidos por unhas mesmas linguas e culturas, por isto celebraban festas panhelénicas, onde se reunían gregos de todos os territorios.
Cronoloxía
A civilización grega desenvolveuse entre o século X ao II a.C., amplo período de tempo no que se produciron numerosos e importantes cambios económicos, sociais e políticos. Diferénzanse distintas etapas na historia de Grecia ata a conquista romana: época arcaica, helenística e clásica.
1.1 As civilizacións prehelénicas
- O nome de helenos é unha denominación asignada polos gregos a si mesmos, porque o seu territorio se chamaba Hélade.
- A civilización grega foi o resultado da achega dos distintos pobos: aqueos, dorios, jonios e eolios.
- Considérase civilización prehelénica a cretense e a micénica (aqueos), desenvolvidas entre os anos 3000 e 1200 a.C. Os aqueos acabaron coa civilización cretense cara o ano 1400 a.C. e crearon unha nova e importante civilización co centro en Micenas, na rexión do Peloponeso.
Sociedade e economía micénica
- A sociedade micénica caracterizábase pola súa organización en tribos, na que predominaba unha aristocracia guerreira sobre unha maioría de campesiños, artesáns, comerciantes e escravos.
- Economía agrícola e gandeira. A súa proximidade á costa favoreceu o comercio marítimo; os gregos realizaron un importante labor de intermediarios entre Oriente e Occidente.
- Comerciaban con metais, tecidos, perfumes, marfil e cerámicas.
- Existían artesáns que transformaban as materias primas que importaban.
- Cada territorio estaba gobernado por un rei, cobrador de tributos aos campesiños. Nas aldeas había un consello de cidadáns encargado de organizar os labores agrícolas e artesanais.
Decadencia e Idade Escura
A nova invasión dos dorios, cara o ano 1200 a.C., ocupou toda a península griega e puxo fin á cultura micénica. Moitos aqueos fuxiron ás costas de Asia Menor. Aquí inicíase a época da decadencia, a Idade Escura (1200 a.C. ao 800 a.C.).