Fundamentos da Filosofía e a Diversidade do Coñecemento Oriental e Occidental
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,54 KB
A Natureza e o Alcance do Saber Filosófico
A filosofía é un saber que se produce cando as persoas se poñen a reflexionar de modo crítico e rigoroso sobre calquera cuestión que é importante para o ser humano, utilizando termos xerais e abstractos, así como argumentos racionalmente válidos, que permitan entender mellor a realidade e orientarnos nela. Por exemplo, filosofar sobre as preguntas: que é a verdade?, que é o ben?, ou que é a beleza?, produce como resultado un saber filosófico concreto.
Pode haber moitas filosofías, posto que cada persoa conta cuns coñecementos previos e coa súa propia maneira de pensar, pero o esencial é que cada saber filosófico achegue boas razóns que todos sexan capaces de entender e de discutir racionalmente. Desta maneira, iranse descartando filosofías erróneas e mantendo as que resistan as críticas.
Tipos de Saber e as súas Características
Saber Vulgar
- É o saber máis elemental, que as persoas asimilan desde a infancia.
- Baséase na tradición cultural de cada pobo e na sabedoría adquirida ao longo de séculos.
- Exprésase a través de ditos, prohibicións, etc.
- A miúdo contén ideas contraditorias.
Saber Científico-Técnico
- Cada unha das súas ramas especialízase nun aspecto da realidade.
- Baséase en rigorosos métodos de observación e de razoamento.
- Quedan excluídas do seu ámbito de [estudo].
Saber Místico e Máxico
- É o saber máis primitivo.
- Baséase na imaxinación ou na fantasía para explicar os fenómenos naturais.
- Inicialmente transmitíase oralmente e despois foi fixado por escrito.
- Nel baséanse numerosas supersticións.
Saber Relixioso
- É un conxunto de crenzas consideradas como verdadeiras polos crentes de cada relixión.
- Pode basearse en textos que se consideran revelados ou inspirados por Deus, pero que deben ser interpretados para entender ben a súa mensaxe.
- Ofrece un sentido á vida.
- Orienta o comportamento das persoas.
Relación do Saber Filosófico con Outros Tipos de Saber
1.2. Relación do saber filosófico con outros tipos de saber
Cada tipo de saber anteriormente descrito é estudado pola filosofía co fin de afondar sobre as súas características e establecer os seus límites. É por iso polo que o saber filosófico realiza achegas fundamentais a outros tipos de saber:
- Saber Vulgar: Está integrado por coñecementos moi diversos. Unha reflexión filosófica sobre eles é útil para discernir entre os coñecementos válidos e os que quedaron obsoletos, e así adquirir unha visión máis crítica e menos inxenua da realidade.
- Saber Científico-Técnico: O saber científico-técnico debe aterse necesariamente a uns métodos de investigación que lle impiden abranguer certos temas sobre os que si se ocupa o saber filosófico, como por exemplo distinguir o que é ciencia do que non o é, cuestionar ata que punto o ser humano é libre e responsable das súas accións, investigar sobre os criterios de bondade e de beleza, etc.
- Saber Mítico e Máxico: En relación co saber mítico e máxico, a tarefa do saber filosófico é facer unha revisión crítica sobre eles co fin de evitar que as persoas sexan manipuladas por falsos sabios sen crepúsculos xen enganar por supersticións. En xeral, os mitos han de ser interpretados como metáforas e non como descricións fidedignas da realidade. En canto á maxia, entendida como saber capaz de «controlar forzas ocultas» co fin de alcanzar certos propósitos, pouco a pouco foi desaparecendo, a medida que se impuxeron os avances científico-técnicos.
- Saber Relixioso: Con respecto ao saber relixioso, a filosofía actual pode proporcionar certas ferramentas intelectuais e reflexivas para depurar as crenzas relixiosas desde unha actitude crítica, de maneira que a fe relixiosa sexa compatible coa razón e constitúa un horizonte de esperanza, xustiza e paz, en lugar de ser utilizada como instrumento de opresión dunhas persoas sobre outras.
A Filosofía en Oriente
Máis ou menos ao mesmo tempo ca en Grecia, en Oriente desenvolveuse un conxunto de saberes que, igual ca a filosofía occidental, tratou de dar resposta ás grandes cuestións da vida mediante argumentos racionais e nocións xerais e abstractas.
3.1. A Filosofía en China
O período clásico da filosofía chinesa produciuse entre os séculos VI e II a.C., durante os cales naceron o Confucianismo e o Taoísmo, dúas filosofías que co tempo adoptaron elementos relixiosos. A idea central da filosofía chinesa é o Tao, que fai referencia ao conxunto de regras xerais para a vida en sociedade.
Confucianismo
Confucio ou Kung Fu Tzu (551-479 a.C.) falou dos diferentes roles sociais (rei, ministro, pai, servo, etc.) e dos honores e das obrigacións que implicaba cada un deles. Segundo as súas ensinanzas, a clave para alcanzar a harmonía social radica na revisión dos roles e dos rituais tradicionais, adaptándoos ao presente, de maneira que sexan desempeñados con «humanidade», é dicir, sometendo todo o individual ao interese superior da comunidade.
Taoísmo
A súa figura central é Lao-Tse ou Laozi, que foi contemporáneo de Confucio. O taoísmo mantén que a realidade enteira está rexida por dous grandes principios que están en conflito permanente, pero que ao mesmo tempo se complementan: o yin e o yang. O ser humano debe tratar de encontrar o equilibrio entre ambos principios a través do Tao. Os consellos de Lao-Tse para alcanzar un estado de harmonía na propia vida foron recollidos séculos despois nun libro titulado Daodejing (ou Tao Te Ching).
3.2. A Filosofía na India
O Hinduísmo e o Budismo son as dúas principais tradicións culturais da India e nelas mestúranse tanto elementos filosóficos coma relixiosos. As dúas comparten a súa crenza na reencarnación e en que o destino de cada individuo se vai labrando a través dos seus actos.
O Hinduísmo
Sobre a base das antigas doutrinas recollidas nos Vedas e nas Upanishads, as diversas escolas hinduístas cuestionaron preguntas parecidas ás da filosofía grega nos seus inicios. O termo hindú que máis se aproxima ao que entendemos en Occidente por filosofía é darsana, que significa «visión» en sánscrito e que se refire tanto ao intento por entender o mundo coma ao esforzo por alcanzar a iluminación. Para o hinduísmo o mundo está poboado por espíritos individuais (atman) que transmigran eternamente dun corpo a outro, a non ser que alcancen a iluminación a través dos seus actos. En cada vida, o atman actúa acumulando as consecuencias das súas accións para que produzan efecto en futuras vidas (karma).
O Budismo
Esta doutrina filosófico-relixiosa foi fundada por Siddharta Gautama (563-483 a.C.), a quen se chamou Buda, que significa «iluminado». Os seus seguidores recompilaron as súas ensinanzas varios séculos despois da súa morte nun libro ao que chaman Pali. O núcleo da filosofía budista é o afán de superación do sufrimento provocado polos desexos (de saúde, pracer, poder, etc.). A súa proposta para extinguir o desexo é seguir un camiño que consta de oito vías:
- O discurso prudente
- A acción
- O sustento
- O esforzo
- A atención
- A concentración
- As opinións
- As intencións
A idea é que a sabedoría deriva dunha boa conduta e da disciplina mental, que se logra cos preceptos budistas. Non forma parte do budismo a crenza nun deus persoal semellante ao das relixións de Occidente.