Fundamentos da Ilustración e o Neoclasicismo: Arte e Estética do Século XVIII

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en español con un tamaño de 4,23 KB

1. A Ilustración: O Século das Luces

  • 1. Que é a Ilustración?
    Movemento intelectual do século XVIII baseado na razón, a ciencia, o progreso e a crítica á tradición.
  • 2. Que papel ten a razón na Ilustración?
    É a principal ferramenta para coñecer o mundo e mellorar a sociedade.
  • 3. Que disciplinas se reforzan coa Ilustración?
    A ciencia, a filosofía, a arqueoloxía e a educación.
  • 4. Por que é importante a arqueoloxía no século XVIII?
    Porque permite coñecer directamente a Antigüidade clásica e fundamenta o Neoclasicismo.
  • 5. Cita dous xacementos arqueolóxicos clave.
    Pompeia e Herculano.
  • 6. Que é o Grand Tour?
    Viaxe formativa dos aristócratas europeos polos restos clásicos do Mediterráneo.
  • 7. Que novas institucións culturais nacen neste período?
    Museos, academias e o coleccionismo sistemático.

2. Categorías Estéticas do Século XVIII

  • 8. Que é o sublime segundo Burke?
    O que produce terror, grandeza e emoción intensa.
  • 9. A que se asocia esteticamente o sublime?
    Á natureza extrema, ao inmenso e ao terrible.
  • 10. Que é o belo?
    Harmonía, proporción, equilibrio e serenidade clásica.
  • 11. Que artistas exemplifican o belo neoclásico?
    Canova e Thorvaldsen.
  • 12. Que é o pintoresco?
    Categoría intermedia entre o belo e o sublime, ligada ao irregular e variado.
  • 13. Onde se desenvolve especialmente o pintoresco?
    Nos xardíns ingleses e nas paisaxes deseñadas como naturais.

3. Neoclasicismo: Ideas Xerais

  • 14. Con que movemento intelectual está ligado o Neoclasicismo?
    Coa Ilustración.
  • 15. Que modelo artístico recupera o Neoclasicismo?
    A Antigüidade clásica grecorromana.
  • 16. Que se prioriza: liña ou cor?
    A liña.
  • 17. Que función ten a arte neoclásica?
    Educar e moralizar ao cidadán.
  • 18. Que valores exalta?
    Deber cívico, sacrificio, honra e razón.
  • 19. Que estilo rexeita o Neoclasicismo?
    O Rococó, por consideralo frívolo e decorativo.

4. Jacques-Louis David

  • 20. Quen é Jacques-Louis David?
    O principal representante da pintura neoclásica.
  • 21. Que caracteriza a súa pintura?
    Liña clara, composición equilibrada e mensaxe moral.
  • 22. Que papel xoga a cor en David?
    Está subordinada ao debuxo.

O Xuramento dos Horacios

  • 23. Que obra é considerada manifesto do Neoclasicismo?
    O Xuramento dos Horacios.
  • 24. En que ano se pinta?
    1784.
  • 25. Que episodio representa?
    O xuramento dos irmáns Horacios antes de combater pola patria.
  • 26. Que valor principal exalta a obra?
    O deber cívico fronte ao sentimento.
  • 27. Como é a composición?
    Racional, equilibrada e arquitectónica.

Belisario pedindo esmola

  • 28. Que personaxe representa Belisario pedindo esmola?
    Un xeneral caído en desgraza.
  • 29. Que mensaxe transmite a obra?
    Unha reflexión moral sobre a inxustiza e a dignidade.
  • 30. Que papel ten a arquitectura na composición?
    Organiza o espazo de forma racional.

A morte de Marat

  • 31. Que acontecemento representa A morte de Marat?
    O asasinato dun líder revolucionario.
  • 32. Que función ten esta obra?
    Propaganda política revolucionaria.
  • 33. Como se representa Marat?
    Como un mártir laico.
  • 34. Como é o fondo da pintura?
    Neutro e sen distraccións.

Entradas relacionadas: