Fundamentos da Teoría Sintética da Evolución: Neodarwinismo e Mecanismos de Diversificación

Clasificado en Biología

Escrito el en español con un tamaño de 2,86 KB

O Neodarwinismo (Teoría Sintética da Evolución)

Proposta a mediados do século XX por Huxley, Dobzhansky e Mayr, o neodarwinismo incorpora a teoría da evolución.

Principios Fundamentais da Teoría Sintética

Os principios fundamentais da teoría sintética son os seguintes:

  • A variabilidade entre os individuos dunha poboación débese tanto á recombinación xenética que acontece na reprodución sexual, como á existencia de mutacións.
  • As mutacións prodúcense por azar. Gran parte delas son negativas e incluso letais, polo que desaparecen. Outras, en principio inocuas, resultan favorables debido a cambios ambientais.
  • A natureza selecciona as mutacións que resultan favorables nas novas condicións ambientais, denominadas mutacións adaptativas.
  • Deste modo, as poboacións adáptanse progresivamente ao seu contorno.

Fontes de Variabilidade Xenética

A variabilidade xenética indica o número de xenotipos diferentes de cada especie, e dan lugar a individuos con diferentes características. Hai dúas causas principais:

Mutacións

Son os cambios que se producen no material xenético dos organismos. Pódelles afectar aos nucleótidos do ADN, aos xenes, aos cromosomas, ou ben ao ADN mitocondrial. Estes cambios maniféstanse no fenotipo ou características do individuo.

As mutacións prodúcense ao azar e son, xeralmente, independentes do ambiente.

Recombinación Xenética

É a mestura de xenes que se produce cando se forman os gametos para a reprodución sexual. Este proceso produce variabilidade, ao permitir que se combinen xenes maternos e paternos, dando lugar a un elevado número de individuos con características diferentes.

Mecanismos Evolutivos

A Selección Natural

A selección natural é o proceso polo que o medio «selecciona» os organismos mellor adaptados ás súas características. Estes reprodúcense e transmiten os caracteres favorables aos seus descendentes.

Adaptación dos Organismos

Os cambios no contorno producen adaptacións dos seres vivos ás novas condicións ambientais. Estas determinan o número de descendentes dunha poboación que pasa á xeración seguinte.

Especiación

Proceso polo que aparecen novas especies que evolúen desde un antepasado común.

Patróns de Diversificación

Converxencia e Diverxencia

  • Converxencia Adaptativa: Os organismos en ambientes semellantes presentan semellanzas.
  • Procesos de Evolución Converxente: Desenvólvense órganos análogos.
  • Diverxencia Evolutiva: Cando as poboacións habitan en contornos diferentes.
  • Procesos de Evolución Diverxente: Producen órganos homólogos.

Entradas relacionadas: