Fundamentos do Discurso Expositivo e a Normalización Lingüística Galega

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,13 KB

A Exposición: Definición e Características

A exposición é un tipo de discurso que ten como finalidade transmitir información de maneira obxectiva, ordenada e clara.

Tipos de Exposicións

  • Exposicións Divulgativas: Diríxense a receptores sen coñecementos específicos na materia tratada.
  • Exposicións Especializadas: Dirixidas a receptores con coñecementos sobre o tema.

Estrutura da Exposición

  1. Introdución: Parte inicial. Nela preséntanse o tema que se vai tratar e o propósito que se persegue.
  2. Desenvolvemento: Parte central e a máis extensa. Nela explícanse os conceptos e os datos que se queren transmitir, segundo unha determinada orde:
    • Orde Espacial: Para unha descrición técnica de obxectos, procesos ou fenómenos.
    • Orde Cronolóxica: Para expoñer feitos ou fenómenos que se desenvolven no tempo.
    • Orde Enumerativa: Emprégase para analizar distintos compoñentes dun mesmo concepto.
    • Orde Causal: Para explicar as causas e as consecuencias dun feito ou fenómeno.
  3. Conclusión: Parte final. Contén un resumo das ideas expostas e, ás veces, unha valoración persoal.

Vocabulario Específico

Termos de Costura e Tecido

Ganduxar:
Coser con puntadas longas e frouxas.
Tecer:
Facer teas enlazando fíos.
Remendar:
Amañar unha cousa vella poñéndolle un remendo.
Calcetar:
Tecer unha peza de punto.
Bordar:
Facer bordados.
Zurcir:
Coser un tecido para tapar un burato.

Vestimentas Típicas do Mundo

  • Turbante (Oriente): Toca de tea enrolada na cabeza.
  • Sari (India): Traxe de muller feito cunha peza de tea que se enrola no corpo.
  • Xilaba (Árabe): Vestido longo e con carapucha.
  • Quimono (Xapón): Semella unha bata longa; cruzada por diante e con mangas anchas.
  • Peplo (Grecia): Túnica feminina.

Calzado e Complementos

  • Mocasín: Zapato de pel usado polos indios americanos.
  • Babucha: Zapatilla sen talón utilizada nos países musulmáns.
  • Pantuflas: Calzado aberto atrás para estar na casa.
  • Polaina: Peza de coiro ata o xeonllo, tapa o pantalón e a bota.
  • Chancleta: Calzado que só protexe a planta do pé.
  • Catiúscas: Botas feitas todas de goma.

Descrición do Pelo

Crecho:
Rizado.
Mesto:
Moito pelo.
Tinguido:
Cor distinta (cambiada).
Louro:
Pelo máis claro.
Raro:
Pouco pelo.
Roxo:
Pelo alaranxado.

Normativización e Estandarización da Lingua Galega

Normativización

A Normativización é a fixación de regras para escribir correctamente un idioma.

  • A Real Academia Galega (RAG), fundada en 1906, estableceu as primeiras normas.
  • En 1970, propuxéronse normas, pero resultaron incompletas.
  • A primeira proposta de normas en galego foi realizada polo Seminario de Estudos Galegos (1932).
  • En 1982, publicáronse as Normas Ortográficas e Morfolóxicas definitivas.

Estandarización

A Estandarización é o proceso de formación dunha variedade lingüística unificada, que supera a diversidade dos falares dialectais.

A Variedade Estándar

É o modelo de lingua común, útil para unha comunicación eficaz por medio da escrita e na comunicación formal. Características:

Entradas relacionadas: