Fundamentos e Estratexias do Voleibol: Regras, Técnicas e Tácticas Esenciais

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,44 KB

Principios básicos do Voleibol

Obxectivo

Intentar gañar 3 dos 5 sets do partido. Para puntuar, debemos procurar que a pelota toque no chan do equipo contrario.

Terreo de xogo

O campo de voleibol é un rectángulo de 18 x 9 metros, cunha rede no medio da pista de 9,5 metros de longo.

Duración e Xogadores

Os equipos de voleibol están integrados por 12 xogadores: seis xogadores que inician o partido e seis que sentan no banco. O adestrador pode facer 6 cambios en cada set.

Funcións dos Xogadores

Defensa

Encárgase de recibir o saque ou os remates e de lle pasar a pelota ao colocador. Xogan nas zonas 5, 6 e 1.

Colocadores

A súa misión consiste en facer un bo pase para que un compañeiro poida efectuar o remate. Xoga na zona 3.

Rematadores

Han de ter unha gran capacidade de forza para efectuar uns remates potentes.

Puntuación

O equipo que durante o xogo realiza unha acción contraria ao regulamento comete unha falta. As consecuencias dunha falta son a perda da xogada e:

  • Se o equipo rival fixo o servizo, anota un punto e continúa a servir.
  • Se o equipo rival recibiu o servizo, anota un punto e gaña o dereito a servir.

O equipo que consegue 25 puntos cunha vantaxe de 2 puntos ou máis gaña o set. O equipo que consegue 3 sets gaña o partido.

Accións de Ataque no Voleibol

O servizo ou saque

Serve para iniciar o xogo enviando a pelota ao campo contrario. O regulamento obriga a facer o saque cunha man, concretamente coa palma.

Toque de dedos

Normalmente utilízase despois do toque cos antebrazos, para colocar a pelota alí onde nos conveña, para que un compañeiro poida executar o remate.

Remate

Adoita ser o 3º toque do equipo e intenta pasar a pelota ao campo contrario de maneira que os adversarios non a poidan devolver. As fases desta técnica son: o desprazamento, o salto, o golpeo e a caída.

Finta

Utilízase para enganar e provocar erros nos rivais.

Accións de Defensa no Voleibol

Toque cos antebrazos

Utilízase para recibir a pelota despois do servizo ou dun remate. Adoita ser o 1º toque do equipo que recibe o servizo e consiste en tocar a pelota cos antebrazos para elevala e pasala ao colocador.

Bloqueo

Os xogadores dianteiros que están preto da rede estiran os brazos para evitar que a pelota supere a rede.

Caída

Ás veces non é posible chegar en boas condicións ata a zona na que se atopa a pelota; nestes casos, as caídas permiten gañar aqueles centímetros para poder colocar a pelota.

Sistemas de Xogo no Voleibol

Hai tres tipos de sistemas: para recibir a pelota do servizo, para atacar e para defenderse do ataque do equipo contrario.

Sistemas para recibir a pelota

Disposición do equipo para recibir o servizo do equipo contrario. O sistema máis coñecido é o 1:3:2. A principal característica é que o colocador da zona 2 se sitúa moi preto da rede.

Sistemas de Ataque

Son os que se utilizan cando se ten a pelota e se quere atacar. Os sistemas máis utilizados son:

  • Colocador por quendas.
  • 4 rematadores e 2 colocadores.

Entradas relacionadas: