Fundamentos de las Técnicas Artísticas y la Imagen Digital
Clasificado en Plástica y Educación Artística
Escrito el en
español con un tamaño de 3,69 KB
O punto e o puntillismo
O punto alcanza verdadeira importancia no puntillismo. É o elemento principal nas obras dos artistas puntillistas.
O puntillismo é unha técnica de pintura que consiste en pintar pequenos puntos de cores, no lugar de pinceladas. Ao contemplar o cadro a distancia, os puntos mestúranse formando a imaxe desexada polo artista. Se nos fixamos ben, veremos que este cadro está pintado a partir de puntos de cores. Ao afastarse, a vista mestura as cores e forma a composición.
O cubismo e a descomposición da forma
No cubismo, o plano é o elemento principal á hora de compoñer, xa que o artista descompón as figuras en múltiples planos. É un movemento artístico do século XX. Os seus principais representantes son: Pablo Picasso, Fernand Léger, Georges Braque e Juan Gris. Nas súas obras, a pintura está definida polas formas, sobre todo as xeométricas.
A técnica da colaxe
Utilizábase moito a técnica da colaxe, integrando nas súas obras cachos de xornais, papeis decorativos de parede e incluso etiquetas de produtos.
A colaxe (da palabra francesa coller, que significa «pegar») é unha técnica artística na que as obras están compostas por diversos fragmentos. Realízase mesturando pintura con diferentes materiais como papel, cartón, tea, xornais... e pegándoos sobre un soporte.
A imaxe dixital
As cámaras fotográficas dixitais, os escáneres e os programas de tratamento de imaxes por ordenador xeran imaxes dixitais. Divídense en dous tipos:
- Imaxe bitmap (mapa de bits).
- Imaxe vectorial.
A imaxe bitmap está formada por unidades moi pequenas chamadas píxeles. O píxel é dunha soa cor e pódese ver se ampliamos moito unha imaxe. Son os cadrados uniformes que veremos e que dan o tamaño á imaxe (mídese o alto polo ancho e tamén se poden utilizar os centímetros ou os milímetros).
Unidades de medida e resolución
As unidades de medida do píxel son:
- Megapíxel (Mpx): 1 000 000 de píxeles.
- Xigapíxel (Gpx): 1000 megapíxeles.
Por exemplo, se temos unha cámara que tira fotos de 1600 x 1200 píxeles, quere dicir que tira fotos de 1 920 000 píxeles; isto significará que temos unha cámara de 1,92 megapíxeles.
Resolución de imaxe: Como se pode deducir, a calidade da imaxe vén dada polos píxeles por pulgada (ppp): a maior resolución, maior calidade de imaxe. Por exemplo, unha imaxe de 150 ppp indica que en cada pulgada cadrada hai 150 x 150 píxeles (22 500 píxeles). É unha boa resolución para unha imaxe impresa; unha imaxe a 72 ppp é de menor resolución e ten menor capacidade de facer zoom nela para ver os seus detalles.