Fundamentos de la Tributación: Principios, Impuestos y Obligaciones

Clasificado en Economía

Escrito el en español con un tamaño de 8,94 KB

Principios de Aplicación Tributaria

De capacidade económica: Debe repartirse a carga tributaria atendendo á riqueza individual de cada suxeito.

De igualdade e xeneralidade: O cumprimento das obrigas tributarias afecta a todos os cidadáns por igual, sen excepcións.

De progresividade: A tributación debe aumentar a medida que se incrementa a riqueza gravada de cada suxeito.

De non confiscatoriedade: Os tributos non poden exceder a capacidade contributiva do contribuínte, pois se converterían en confiscatorios.

De legalidade: Os tributos só poden establecerse a través dunha lei e unicamente o Estado ten a potestade orixinaria para poder crealos.

Tipos de Tributos

Impostos: Tributos esixidos sen contraprestación, cuxo feito impoñible está constituído por negocios, actos ou feitos de natureza xurídica ou económica que poñen de manifesto a capacidade económica do contribuínte.

Taxas: Tributos cuxo feito impoñible consiste na utilización privativa ou aproveitamento especial de dominio público, a prestación de servizos ou a realización de actividades que se refiran, afecten ou beneficien de modo particular ao obrigado tributario, que non se presten ou realicen polo sector privado.

Contribucións especiais: Tributos cuxo feito impoñible consiste na obtención polo obrigado tributario dun beneficio ou dun aumento de valor dos seus bens como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento ou ampliación de servizos públicos.

Exemplos de Utilización ou Aproveitamento de Dominio Público

  • Uso de terraza por un bar
  • Vado dun garaxe
  • Explotación de quiosco na rúa

Exemplos de Prestación de Servizos Públicos

  • Recollida de basura
  • Suministro e saneamento de auga

Exemplos de Realización de Actividades en Réxime de Dereito Público

  • Obtención do carnet de conducir
  • Obtención DNI ou pasaporte

Clasificación dos Impostos

Impostos DIRECTOS: Son aqueles que se aplican sobre unha manifestación directa ou inmediata da capacidade económica: a posesión dun patrimonio e a obtención dunha renda.

Impostos INDIRECTOS: Son aqueles que se aplican sobre unha manifestación indirecta ou mediata da capacidade económica: ben por actos de consumo ou ben por actos de transmisión.

Normativa Tributaria

  • A Constitución: A constitución española é a norma básica de todo o noso ordenamento xurídico.
  • Lei xeral tributaria: Lei 58/2003. Esta lei establece os principios e as normas xurídicas xerais do noso ordenamento fiscal.
  • Lei reguladora das facendas locais: Regula os recursos das administracións locais: taxas, contribucións especiais e impostos locais.
  • Leis reguladoras de cada imposto: Os impostos teñen que estar establecidos mediante lei. Así temos a lei do IRPF, a lei do IS, a lei do IVE etc.
  • Reglamentos dos impostos: Ademais da lei, moitos impostos teñen tamén un reglamento. Os reglamentos serven para detallar determinadas cuestións non especificadas nas leis.

Conceptos Tributarios Fundamentais

Feito impoñible: Circunstancias ou supostos fixados pola lei que orixinan o nacemento da obriga tributaria. Cada tributo define cales son os seus feitos impoñibles.

A obriga tributaria principal: A obriga tributaria principal consiste no pago da cota tributaria.

As obrigas tributarias formais: Son aquelas outras obrigas impostas polas normas tributarias e que non teñen carácter pecuniario; por exemplo, rexistrar e conservar a documentación das operacións e presentar en prazo as correspondentes liquidacións de impostos.

Os obrigados tributarios: Son aquelas persoas físicas ou xurídicas a quenes as normas impoñen algún tipo de obriga.

O suxeito pasivo: É a persoa física ou xurídica sobre a que recae a obriga de ingresar a débeda tributaria así como as obrigas formais que se derivan da mesma.

O contribuínte: É o suxeito pasivo que realiza o feito impoñible.

Sustituto do contribuínte: É o suxeito pasivo que, por imposición da lei, sustitue ó contribuinte tanto no pago da débeda como nas obrigas formais.

O domicilio fiscal: No caso das persoas físicas o seu domicilio fiscal será o da súa residencia habitual. No caso das persoas xurídicas, o seu domicilio fiscal estará onde radique o seu domicilio social.

Devengo: É o momento no que se entende realizado o feito impoñible e no que se produce o nacemento da obriga tributaria principal; con independencia do momento no que a administración impón o pago da débeda tributaria.

Base impoñible: Valoración monetaria do feito impoñible. Formas de estimación da base impoñible:

  • Por estimación directa
  • Por estimación obxectiva
  • Por estimación indirecta

Base liquidable: Resultado de restarlle á base impoñible as reducións establecidas por lei.

Tipo de gravame: Cifra, coeficiente ou porcentaxe que se aplica á base liquidable ou, no seu caso, á base impoñible. O tipo de gravame pode ser específico ou porcentual.

Cota íntegra: Resultado de aplicar o tipo de gravame sobre a base liquidable.

Cota líquida: Cota íntegra menos as deducións.

Retencións, ingresos a conta e pagos fraccionados: Cando a normativa do imposto así o requira, realizaranse pagos a conta da liquidación definitiva que se fará.

Cota diferencial: Cota líquida menos as retencións, os ingresos a conta e os pagos fraccionados.

Extinción da débeda tributaria:

  • Mediante o pago
  • Pola prescrición da débeda
  • Por condonación da débeda
  • Por compensación con dereitos de cobro

Esquema de Liquidación Tributaria

Base impoñible (cuantificación do feito impoñible) - Reducións = Base liquidable x tipo de gravame = Cota íntegra - Deducións = Cota líquida - Retencións, ingresos a conta ou pagos fraccionados = Cota diferencial

Impostos Principais

Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)

Feito impoñible: Grava a renda das persoas físicas que proceden dos seguintes conceptos:

  • Rendementos do traballo persoal.
  • Rendementos do capital mobiliario e inmobiliario.
  • Rendementos de actividades económicas.
  • Ganancias e perdas patrimoniais.
  • Imputacións de renda.

Escala de gravame progresiva.

Imposto sobre Sociedades (IS)

Feito impoñible: Grava a renda das sociedades que proceden dos seguintes conceptos:

  • Rendementos de actividades económicas (empresariais, profesionais e artísticas).
  • Rendementos derivados de calquera elemento patrimonial non afecto á actividade económica.
  • Ganancias e perdas patrimoniais.

Tipo de gravame xeral: 25%

Outros Impostos

Imposto sobre a Renda de Non Residentes (IRNR)

Imposto sobre o Valor Engadido (IVE): Grava o tráfico mercantil realizado por empresarios e profesionais, as importacións e as adquisicións intracomunitarias. É un imposto que grava o consumo. Tipos impositivos: 21%, 10% e 4%

Impostos Especiais (IIEE):

  • Imposto sobre o alcohol e as bebidas derivadas.
  • Imposto sobre a cervexa.
  • Imposto sobre os hidrocarburos.
  • Imposto sobre as labores do tabaco.

Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD):

  • Suxeito pasivo: personas físicas
  • Nas adquisicións patrimoniais "mortis causa": os herdeiros
  • Nas adquisicións "inter vivos" (doazóns): os que reciben a donación
  • Nos seguros de vida: os beneficiarios do seguro.

Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITPAJD)

Impostos Locais

Imposto sobre Bens Inmobles (IBI): Grava a propiedade dos inmobles tanto rústicos como urbanos. Este imposto págase anualmente.

Imposto sobre Actividades Económicas (IAE): Anualmente

Cálculo da Cota Íntegra

Cota íntegra estatal = cuota integra + (base liquidable - base liquidable(tabla)) x tipo aplicable%

Cota íntegra autonómica = cuota integra + (base liquidable - base liquidable(tabla)) x tipo aplicable%

Cota íntegra total = cota íntegra estatal + cota íntegra autonómica

Entradas relacionadas: