Galicia na Democracia e a Poesía Contemporánea: Evolución Cultural e Lingüística
Enviado por Valdo y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,63 KB
Galicia na Época da Democracia
1. A transición da ditadura á democracia
Paralelamente á construción dun Estado baseado no principio da libre elección dos gobernantes, reformouse a súa organización territorial mediante o Estado das autonomías, que permitía a descentralización administrativa.
2. A transición política en Galicia
Entre 1978 e 1980, Galicia encádrase no novo espazo político democrático. O pobo galego aproba en referendo o Estatuto de Autonomía. Nel defínese a Galicia como nacionalidade histórica e a lingua galega como a lingua propia de Galicia. Esta nova dinámica política manifestouse tamén na progresiva ampliación de competencias asumidas polo Goberno galego.
3. A situación lingüística
A chegada da democracia propiciou, desde a década de 1980, unha recuperación da actividade cultural galega. En 1983, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei de Normalización Lingüística. Desde 1983 ata a actualidade, esta lei permitiu algúns avances no proceso de recuperación social do galego.
A Poesía na Actualidade
1. O cambio de tendencia poética
Entre os anos de 1975 e 1980, a lírica galega coñece unha fase de evolución estética, debido á crise do modelo socialrealista. Dous son os feitos máis que indican un cambio de tendencia:
- A inclinación experimental e culturalista de Uxío Novoneira e de Xosé Luís Méndez Ferrín (con Pólvora e Magnolias (1976)).
- A influencia decisiva de vellos mestres como Álvaro Cunqueiro (Herba aquí e acolá (1980)).
Prodúcese unha revalorización do vangardismo a través de Manuel Antonio.
2. Un síntoma de cambio: O Grupo Rompente
A aparición en Vigo no ano 1975 do grupo de comunicación poética Rompente, integrado por Alfonso Pexegueiro, Antón Reixa e Alberto Avendaño, é un grupo de carácter experimental e vangardista, defensor dunha estética urbana que mestura diferentes códigos artísticos.
3. A poesía galega na década de 1980
A renovación poética consolídase a principios da década de 1980 con Luciano Rodríguez, con Desde a palabra, doce voces (1985). Esta poesía defínese polo seu culturalismo temático e o esteticismo formal.
3.1 O culturalismo temático
Os poetas de 1980 cultivan unha poesía intimista. Os temas son tópicos da literatura universal: a vivencia amorosa, o erotismo, a saudade da infancia.