Galiza no Século XIX: Transformacións Sociais e Resurximento Cultural
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,38 KB
O Século XIX en Galiza: Unha Visión Abrangente
Sinala catro características da sociedade galega do século XIX:
- Sociedade eminentemente rural.
- Industria limitada.
- Falta de infraestruturas.
- Emigración masiva.
Por que a emigración foi un factor demográfico determinante?
A emigración, principalmente a América, provocou un estancamento demográfico, o avellentamento da poboación, o aumento de mulleres solteiras e a escaseza de forza laboral. Os cartos enviados serviron para redimir foros ou construír escolas, pero non para investir en industria ou comercio.
Por que a Guerra contra os Franceses tivo implicacións na historia da lingua e na recuperación da consciencia galega?
A Guerra (1808) espertou a conciencia colectiva galega coa creación da "Xunta Suprema do Reino" e o uso do galego en escritos propagandísticos e mobilizadores, como na Batalla de Pontesampaio ou na Reconquista de Vigo.
Elabora un cadro cronolóxico das principais etapas políticas do século XIX.
- 1808-1814: Guerra contra os Franceses; Xunta Suprema do Reino; Constitución de Cádiz (1812).
- 1814-1833: Restauración Absolutista de Fernando VII; represión liberal.
- 1833-1868: Reinado de Isabel II; división de Galiza en catro provincias.
- 1868-1874: Sexenio Democrático (Revolución Gloriosa, 1868); Primeira República (1873).
- 1875-1914: Restauración Borbónica; centralismo e caciquismo; Rexionalismo e fundación da Real Academia Galega (1906).
Cales son as características do Provincialismo e do Rexionalismo?
- Provincialismo:
- Reivindicaba a unidade galega fronte á división provincial de 1833, con postulados liberais e antiabsolutistas.
- Rexionalismo:
- Demandaba descentralización, baseándose na historia celta e na lingua galega (obra Los Precursores de Murguía).
Sinala os avances da castelanización na sociedade galega decimonónica.
- Escola:
- Lei Moyano que impoñía o castelán como única lingua válida.
- Administración:
- Uso obrigatorio do castelán en rexistros, notarías e xulgados.
- Prensa:
- Exclusión do galego na maioría de xornais.
- Igrexa:
- Seminarios incentivaban o abandono do galego entre os futuros curas.
Que fenómenos contrapostos vive a lingua galega no século XIX?
- Penetración do castelán:
- Nas elites e ámbitos urbanos.
- Rexurdimento literario:
- Recuperación do galego como lingua culta (Rosalía, Pondal, Curros).
Cal era o nivel de uso oral da lingua galega nesa época?
O galego era maioritario no uso oral rural (85% da poboación), pero marxinalizado nos ámbitos urbanos, administrativos e educativos.
O Rexurdimento Galego: Características e Obxectivos
Que fenómenos caracterizan o Rexurdimento?
- Recuperación da escrita literaria en galego.
- Movemento político-ideolóxico (Provincialismo e Rexionalismo).
Cales son os períodos que se distinguen no Rexurdimento?
- Período Precursor: Publicación de A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos.
- Depresión Finisecular: Fundación da Real Academia Galega.
Cales eran os obxectivos do Rexurdimento?
- Dignificar o galego.
- Ampliar os seus usos sociais e oficiais.
- Estudar e normativizar a lingua.
- Reivindicar o pasado histórico galego.
Quen foron os principais historiadores do século XIX?
Os principais historiadores foron: Benito Vicetto, Manuel Murguía.
Indica algúns poemas musicados polos compositores do Rexurdimento.
- "Negra Sombra" (Rosalía de Castro) por Xoán Montes.
- "Os Pinos" (Eduardo Pondal) por Pascual Veiga.
- "Adiós a Mariquiña" (Manuel Curros Enríquez) por Xosé Castro Chamé.
Sinala as editoriais e xornais máis importantes para a literatura galega no século XIX.
- Editoriais:
- Biblioteca Gallega (Martínez Salazar), imprenta de Juan Compañel.
- Xornais:
- O Tío Marcos da Portela, A Monteira, Revista Galega.
Quen foron os "Precursores" do Rexurdimento?
Os "Precursores" foron autores anteriores a Rosalía de Castro, como Xoán Manuel Pintos, Francisco Añón ou Nicomedes Pastor Díaz.
Sinala catro trazos importantes da figura de Nicomedes Pastor Díaz.
- Primeiros poemas en galego do século XIX (como "A Alborada").
- Político liberal moderado.
- Prologuista previsto de Cantares Gallegos.
- Obra influenciada polo Romanticismo.
Quen foi Francisco Añón? Cales foron os seus principais logros literarios?
- Poeta premiado nos Xogos Florais da Coruña por "A Galicia".
- Provincialista e participante na Revolución de 1846.
Cita outros Precursores destacados.
- Benito Vicetto.
- Antonio e Francisco Mª de la Iglesia.
- Vicente Turnes.
- Xosé García Mosquera.