Geología de la Península Ibérica

Clasificado en Geografía

Escrito el en español con un tamaño de 3,92 KB

3) Era secundaria ou Mesozoico

A era secundaria ou Mesozoico foi un período de calma no que predominaron a erosión e a sedimentación. Continuou o aplanamento das cordilleiras variscas ou hercinianas. A inclinación do zócolo da Meseta cara ó Mediterráneo permitiu, nos períodos de avance ou transgresión mariña, unha fonda penetración do mar, que depositou no seu bordo oriental unha cobertoira non moi potente de materiais sedimentarios plásticos (calcaria, arenito, marga). Pero tamén se depositaron enormes espesuras de sedimentos en fondas fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e bética.

4) Era terciaria ou cenozoica

  • O macizo Ibérico iniciou un desprazamento cara o sur, no sentido contrario ás agullas do reloxo que levou ao choque entre placas: a ibérica coa africana e contra a euroasiática e a de Alborán. Como consecuencia levantáronse as cordilleiras alpinas, ó pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica e bética entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os Pireneos entre os macizos de Aquitania, Ibérico e do Ebro (que acabou afundíndose); e as cordilleiras Béticas, entre os macizos de Alborán (Bético-Rifeño) e o Ibérico.
  • Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras, e entre estas e o macizo antigo: a depresión do Ebro, paralela ós Pireneos, e a do Guadalquivir, paralela ás Béticas.

-Debido a estes choques a Meseta pasou a inclinarse cara ó Atlántico, determinando a orientación cara a este océano de boa parte dos rios peninsulares. Por outro lado formáronse os bordos montañosos da Meseta. No seu bordo oriental pregáronse os materiais plásticos depositados polo mar na era secundaria, orixinando a parte oriental da cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico. No bordo sur da Meseta, o empuxe das cordilleiras Béticas levantou Serra Morena, unha gran flexión-falla. Por último, o zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas e como consecuencia desnivelacións con partes levantadas e outras afundidas, chamado relevo xermánico. Os bloques levantados formaron o Macizo Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo). As partes afundidas deron lugar ás depresións castelás. No Cenozoico é tamén o momento onde emerxen no Atlántico as Illas Canarias, de orixe volcánica ligadas a fracturas dos fondos oceánicos e a emersión de magma cara a superficie.

A península ofrece agora un conxunto de terras emerxidas máis amplo. Tan só quedan dous brazos de mar que se corresponden coas fosas prealpinas do Ebro e Guadalquivir.

Estas depresións irán colmatándose cos sedimentos arrastrados polos ríos procedentes dos relevos montañosos que os arrodean. No caso do Ebro o tipo de sedimentación será de tipo continental ao quedar pechada pola Cordilleira Costeiro Catalana, mentres que a depresión do Guadalquivir segue estando aberta ao mar e en proceso de colmatación que aínda continúa hoxe, como se pode comprobar no Parque Nacional de Doñana.

5) Era cuaternaria

  • O glaciarismo afectou ás cordilleiras máis altas (Pireneos, cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Sistema Ibérico e Serra Nevada), dando lugar a glaciares de circo e de val. Os glaciares de circo nas cabeceira dos vales e os glaciares de val máis abaixo dándolle a forma de "U" característica.
  • A época glaciar caracterizouse tamén pola formación de terrazas fluviais, antigos chans de inundación abandonados polo posterior encaixamento fluvial. As terrazas son froito das alternancias climáticas do Cuaternario. Os sucesivos ciclos glaciais e posglaciais do Cuaternario deron lugar a terrazas graduadas. Na Península, as máis características son as formadas polo Douro, o Texo, o Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro.

- A formación das Rías polo asulagamento de vales fluviais en Galicia.

Entradas relacionadas: