Glosario Esencial de Términos Geográficos y Ambientales

Geografía4,58 KB

Conceptos Clave de Geografía Física y Medio Ambiente

Hidrografía y Dinámica Fluvial

  • Conca Fluvial: É o territorio cuxas augas verten a un río principal. A conca é máis pequena que a vertente. As concas caractérizanse polos seguintes trazos:
    • Atópanse separadas por divisorias de augas, formadas polos cumios dos relevos montañosos que as delimitan. As concas peninsulares son as do Norte, Miño, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir, Pireneo oriental, Ebro, Xúquer, Segura e Sur.
    • Na conca os ríos circulan por unha canle ou un leito, e forman unha rede organizada xerarquicamente desde subafluentes a afluentes ata chegar ao río principal.
  • Estiaxe: Momento de caudal máis baixo dunha corrente de auga. Normalmente coincide co verán.
  • Estor (ou Esteiro): Desembocadura dun río no mar na cal se mestura a auga salgada coa doce. As mareas impiden a acumulación de sedimentos fluviais na desembocadura do río. Os esteiros son uns ecosistemas naturais moi produtivos debido á acumulación de nutrintes. Os esteiros e as marismas salgadas vense ameazados continuamente pola contaminación, os dragados e a ocupación dos seus espazos pola industria e polo uso residencial para a vivenda.

Formas Litorales y Costeras

  • Marismas: Son chairas de lama. Fórmanse en baías baixas, que se enchen cos sedimentos achegados polos ríos que as atravesan, e os achegados polo mar, que as cobre en preamar e as deixa descubertas en baixamar.
  • Ría: Entrante costeiro que resulta da invasión polo mar do último tramo dun val fluvial. Este feito pode deberse ao ascenso do nivel do mar ou ao descenso da codia continental. Destacan as rías galegas co perfil recortado da costa que favorece a entrada de ventos húmedos procedentes do Atlántico e a súa penetración ao interior. Entre as rías, destacan as Rías Baixas e, dentro delas, a ría de Arousa.
  • Tómbolo: Barra de area que une illotes rochosos á costa. Poden ser dobres cando son dúas as barras areentas, quedando a lagoa entre ambas as dúas. Exemplo: o tómbolo do Grove.

Biogeografía y Paisaje Vexetal

  • Maquis: É unha formación arbustiva típica da paisaxe vexetal do clima mediterráneo de máis de dous metros de altura, moi densa e case impenetrable. As súas especies principais son a xara, o breixo, o lentisco e a xesta.
  • Vexetación Clímax: Cando a vexetación dunha zona resulta exclusivamente da incidencia de factores naturais.
  • Vexetación Antrópica: Cando a vexetación dunha zona é o resultado da intervención humana. O ser humano introduce a miúdo especies interesantes polo seu valor económico.
  • Landa: É a vexetación densa de matogueira, cuxa altura pode ser baixa ou alcanzar os catro metros. As súas especies máis abundantes son o breixo, o toxo e a xesta. A landa aparece como degradación do bosque caducifolio ou como vexetación supraforestal. Adoita usarse como cama para o gando e logo como abono.
  • Paisaxe: Extensión de superficie acadada por medio da vista. A paisaxe resulta da conxunción de elementos de distinta natureza, físicos e humanos, que lle dán unidade a un espazo determinado. As paisaxes protexidas son áreas preservadas polos seus valores estéticos e culturais. Deben compatibilizar o aproveitamento coa conservación do medio.

Ecología y Medio Ambiente

  • Avaliación de Impacto Ambiental: Estudo para predicir as consecuencias ambientais dun proxecto ou actuación. A declaración de impacto ambiental é a comunicación previa das consecuencias ambientais preditas pola avaliación.
  • Ecosistema: Comunidade natural unitaria ou polo menos homoxenea integrada por uns determinados seres vivos, compoñentes abióticos e uns fluxos de enerxía e materiais.
  • Efecto Invernadoiro: Situación que se dán no planeta de forma natural pero que nas últimas décadas se acentuou pola actividade humana. A acumulación de emisións de gases procedente da queima de combustibles fósiles crea unha capa que actúa como o teito dun invernadoiro, impedindo saír ao espazo a calor emitida pola Terra e os océanos. Esta calor acumúlase e favorece o quecemento global.

Descargar

PDF Word HTML