Grupo Nós: Pilar da Cultura e Literatura Galega do Século XX
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,1 KB
O Grupo Nós: Traxectoria e Legado Cultural
O Grupo Nós xurdiu en 1920 co primeiro número da súa revista homónima. Estaba composto por un conxunto de escritores que iniciaron a súa actividade nos primeiros anos do século XX e que terían como órgano de expresión a Revista Nós (Ourense, 1920), unha publicación monolingüe en galego.
Membros Destacados e Contribucións
Entre os seus membros máis importantes atopábanse:
- Vicente Risco: Director literario da revista.
- Ramón Otero Pedrayo.
- Florentino López Cuevillas.
- E tamén Castelao, quen foi director artístico da publicación.
Grazas a este grupo, a narrativa utilizouse máis, o que permitiu que a literatura galega mellorase e competise coa doutros países. Posuían unha sólida formación cultural e unha excelente preparación académica; eran intelectuais con amplos coñecementos.
Orixe Social e Evolución Ideolóxica
Todos os membros eran de orixe burguesa (Otero Pedrayo, por exemplo, era fidalgo con pazo propio en Trasalba). Tiveron unha etapa afastada do galeguismo antes de confluír nel (arredor de 1920), agás Castelao.
Na época afastada do galego, eran inconformistas, inadaptados, rebeldes co mundo do seu arredor e sempre apostaron pola modernidade sen renunciar á tradición. Gustábanlles as culturas alleas, sobre todo a oriental e o máis alá.
Actividade Literaria e Temática
Cultivaron con éxito a actividade literaria, tanto en prosa como en ensaio. No caso do ensaio, os temas máis habituais foron:
- Arqueoloxía.
- Xeografía.
- Etnografía.
- Historia.
A prosa, pola súa banda, estaba ambientada no urbano.
Participación Política e Compromiso con Galicia
Participaron no ámbito político, primeiro no seo das Irmandades da Fala (desde 1917) e despois no Partido Galeguista (PG, fundado en 1931).
O núcleo fundamental (Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas) inicialmente viviu de costas á cultura galega, mostrando interese polos mundos exóticos, fascinados polos temas esotéricos, os mundos do máis alá, e ámbitos raros. Porén, cando ingresaron nas Irmandades, trocaron o exótico, o esotérico e o lonxano polo galeguismo e por Galicia; e o individualismo polo traballo en común en favor de Galicia.
Vicente Risco, no ensaio Nós, os inadaptados, explica como foi posible este cambio segundo el. Ramón Otero Pedrayo explicou moi ben como dan o paso cara ao galeguismo na súa novela Arredor de si.
En 1920, Risco codirixe a revista con Castelao e funda a Revista Nós cunha finalidade pedagóxica e divulgativa: espallar os ideais do galeguismo e, sobre todo, modernizar e europeizar a cultura galega (por primeira vez, en 1925, apareceu traducido ao galego un fragmento do Ulises de James Joyce).
Vocabulario
- Baranda
- Barandilla
- Faio
- Desván/ático
- Balcón
- Balcón
- Galería
- Galería
- Adega
- Bodega
- Garaxe
- Garaje
- Soto
- Sótano
- Fachada
- Fachada
- Bufarda/Facheirelo
- Ventana redonda
- Cheminea
- Chimenea
- Tellado
- Tejado
- Tragaluz/Claraboi
- Tragaluz/Claraboya
- Persiana
- Persiana
- Peitoril
- Borde de ventana
- Contraventá
- Contraventana
- Escaleiras
- Escaleras
- Columna
- Columna
- Céspede
- Césped
- Ventá/Fiestra/Xanela
- Ventana
- Canlón/Caneiro
- Canalón
- Paneis solares
- Paneles solares
- Piscina
- Piscina
- Bambán/Tobogán
- Columpio/Tobogán
- Pá escavadora
- Pala excavadora
- Formigoneira
- Hormigonera
- Cerca de seguridade
- Valla de seguridad
- Paleta
- Paleta
- Camión de envorque
- Camión volquete
- Formigón
- Hormigón
- Guindastre
- Grúa
- Focha/Socavón/Fosa
- Hoyo/Socavón/Fosa
- Ladrillo
- Ladrillo
- Cascallo
- Escombros
- Martelo pneumático
- Martillo neumático (taladro)
- Nivel
- Nivel
- Chumbada
- Plomada/hilo para ir recto
- Inmobles
- Inmueble
- Especuladora
- Que compra y vende bienes con el fin de obtener beneficios
- Sustentable
- Sostenible
- Inmobiliaria
- Empresa que construye y/o vende inmuebles
- Hábitat
- Lugar habitado donde convive una comunidad
- Rehabilitación
- Restauración o el arreglo de un objeto o lugar
- Crédito
- Préstamo
- Degradación
- Acción de estropearse
- Emblemáticas
- Lo más destacado de algo
- Sobredimensionadas
- Tamaño demasiado grande
- Colaterais
- Suceso que se produce de forma accidental
- Alugamento
- Cantidad que se paga periódicamente por el arrendamiento de algo