La Guerra Civil Española: Causas y Contexto Internacional
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,52 KB
Causas profundas
Problemas e conflictos políticos que se produciron na etapa republicana (reforma relixiosa, educativa, social, militar, agraria, territorial..) Radicalizacióm política; por un lado, sectores antirrepublicanos con tendencias ditatoriais e, por outro lado, as organizacións obreiras máis radicais partidarias da revolución social.
Orixes inmediatas
A reacción dos sectores antirrepublicanos ante o triunfo da Fronte Popular; desenvolvemento dunha trama golpista. Contou co apoio dun conxunto de militares conservadores, monárquicos afonsinos, carlistas e falanxistas. Incapacidade dos gobernos da Fronte Popular para poñer freo á violencia, deron paso a unha guerra civil de tres anos.
Inicio
O 17 de xullo en Melilla e estendeuse ao Protectorado español en Marrocos. Franco declara o estado de Guerra en Canarias e trasládase a Marrocos. Do 18 ao 20 de xullo estendeuse ao resto do teritorio español con diversos resultados. Nas grandes cidades e nas zonas industrializadas fracasou. Fieis a república e forte resistencia popular de milicianos. E triunfou en Canarias, nas terras de Marrocos e ao Norte de España.
División de España
Queda en duas zonas enfrontadas. Zonas industrializadas en máns do goberno republicano e as zonas agrarias nas dos nacionais, conservadores e mairoía católica. Metade do exército e da Garda Civil fieis a república. A superioridade do goberno en aviación e mariña foi superada polos rebeldes grazas á chegada de avións italianos e alemáns moito máis modernos. O exército republicano quedou en máns dos milicianos e comites locais e provinciais.
Sublevados y Republicanos
El levantamiento derivó en una Guerra Civil que provocó dos bandos:
- Sublevados: nacionais, xustifícanse como medio para acabar co anarquísmo, restablecer a orde e exterminar os ``inimigos da patria´´, chamados roxos. Contaron co apoio, entre outros, da igrexa.
- Republicanos: defenden o sistema legal e a democracia fronte o fascismo que se extendía por Europa.
Contexto internacional
A guerra prodúcese ás dunha nova guerra mundial, dende 1936 as tensións entre as democracias europeas e os réximes totalitarios fascistas e nazi chegaron a un punto. O que provocou división na opinión pública e espertase inquietude sobre a guerra de España.
Comité de NON intervención
Acordo promovido por Francia e co apoio das potencias europeas; non intervenciñon en España, é dicir, non exportación a España. EEUU non se sumou a este acordo pero secundou a política de neutralidade. Na práctica foi unha farsa, o goberno da república es desventaxa xa que Alemaña e Italia incumpriron o acordo dende o 1º momento.
Axuda a república
Desde a URSS, México e Francia. Sobresaen as Brigadas Internacionais; voluntarious dun amplo campo ideolóxico movidos por un sentimento de solidaridade en defensa da república fronte o fascismo. Organizadas por dirixentes dos Partidos Comunistas integrados na III Internacional. A guerra foi financiada coas reservas de ouro do Banco de España.
Axuda aos nacionais
Desde os réximes fascistas de Alemaña, Italia, Portugal e empresas americanas. A guerra española sería o campo de probas para o seu material militar e para as novas tácticas. Forzas aéreas coa ‘Lexión Cóndor’. Mussolini achega o ‘Corpo di Troppe Volontarie’ e aviación; e o Estado Novo portugués envía aos ‘Viriatos’. Todo isto foi decisivo para a vitoria de Franco