hffsuifwe

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,85 KB

1. CLASIFICACIÓN.

Título: o matrimonio Arnolfini. Autor: Jan van Eyck. Cronolox: 1434. Estilo: gótico flamenco. Localización: National Gallery de Londres. Técnica: óleo sobre táboa.

2. CONTEXTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO

O Gótico nace na Baixa Idade Media como resultado das profundas transformacións políticas, económicas e sociais que experimenta Europa. O crecemento das cidades, o auxe do comercio e a consolidación das monarquías en detrimento dos señores feudáis favorecen a aparición da burguésía urbana, unha nova clase social que terá un papel decisivo no desenvolvemento artístico. A diferenza do ROMánico, un estilo rural e monástico, o Gótico é unha arte plenamente urbana e burguesa, na que a catedral se converte no edificio principal.

A revitalización do comercio e a creación de gobernos municipais controlados por esta burguésía impulsan novas tipoloxías arquitectónicas como a lonxa e o concello, destacando exemplos como a Lonxa de Yprès. Xunto ás causas económicas, tamén contribúen factores ideolóxicos, como a redescuberta de Aristóteles, o Humanismo franciscano e a reforma cisterciense, que dan lugar a unha nova espiritualidade e a un cambio de mentalidade.

O Gótico nace en Francia no século XII, pero a súa difusión por Europa non é homoxénea. Mentres Inglaterra, Alemaña e España adoptan o estilo con facilidade, Italia mantén unha forte tradición clásica que anticipa o Renacemento. Dentro das artes figurativas distínguense varios modelos: o francés, o italiano do Trecento, o Estilo Internacional e o modelo flamenco do século XV, o que nos ocupa neste caso.

Flandres, baixo o mecenado dos duques de Borgoña, convértese nun foco artístico de primeiro nivel. Nas cidades de Bruxas, Gante e Yprès fórmase unha burguésía rica e culta que demanda obras intimistas, detallistas e cargadas de simbolismo. A pintura flamenca carácterízase pola representación minuciosa da vida doméstica, polos interiores realistas e pola forte presenza de elementos simbólicos, ao tempo que mantén unha temática relixiosa e un claro interese polo retrato burgués... Neste contexto destaca a familia van Eyck, que introduce o uso avanzado do óleo, unha técnica que permite unha maior luminosidade, precisión e capacidade de corrección. Jan van Eyck, ao servizo dos duques de Borgoña, destaca pola viveza das cores, o detallismo extremo, o simbolismo e unha perspectiva empírica baseada na observación. A escolá dos primitivos flamencos, aínda que contemporánea do Quattrocento italiano, non pertence ao Renacemento, senón a un desenvolvemento paralelo coñecido como Renacemento nórdico.

Entradas relacionadas:

Etiquetas:
Artes escénicas