hIstoria
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,25 KB
Revolución: De modo xeral, un cambio rápido, profundo e posiblemente violento que afecta ás institucións políticas, económicas ou sociais de un ou varios estados
.Constitución: Norma ou leí fundamental pola que se rexe un Estado, establecendo os dereitos e liberdades dos cidadáns , a súa organización política e institucións. Trátase dunha norma de carácter xeral a cuxo marco deben axustarse as restantes.
Monarquía constitucional: Monarquía na que o poder real está limitado por unha Constitución elaborada e aprobada polo Parlamento
. Soberanía nacional :Principio liberal segundo o cal o poder reside na nación, considerada como o conxunto dos cidadáns, e se expresa na núa vontade colectiva.
Xirondino Fai referencia ao orixinario ou veciño de A Xironda , rexión do SO de Francia, en Aquitania. Durante a Revolución francesa, chamouse así a aqueles revolucionarios , republicanos moderados que representaban os intereses da alta burguesía.
Xacobino De Jacobin (de Iacobus, Santiago), en alusión ao convento de París onde celebraron durante un tempo as súas reunións os integrantes do grupo de revolucionarios ao que foi aplicada a palabra. Constituían o ala radical da revolución aos máis moderados xirondinos
Directorio Réxime moderado que mantivo as conquistas esenciais da Revolución francesa trala caída de Robespierre e da Convención xacobina en 1794. Poder executivo formado por cinco membros.
Enciclopedia Diccionario razoado das ciencias, as artes e os oficios. Un inventario de todo o saber da época, dirixido por Diderot e publicado entre 1751 e 1772 e no que colaboraron autores como D’Alembert, Voltaire ou Constitución Norma ou leí fundamental pola que se rexe un Estado, establecendo os dereitos e liberdades dos cidadáns , a súa organización política e institucións. Trátase dunha norma de carácter xeral a cuxo marco deben axustarse as restantes. De modo xeral, un cambio rápido, profundo e posiblemente violento que afecta ás institucións políticas, económicas ou sociais de un ou varios estados.