Identidade persoal: principais teorías filosóficas e descubrimentos científicos sobre o eu
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,79 KB
Teorías e perspectivas sobre a identidade persoal
Continuidade psicolóxica (David Hume e Paul Ricoeur)
David Hume dixo que non atopamos o eu ao observar a nosa mente, senón que atopamos pensamentos, desexos, emocións... O eu sería unha ficción útil; a nosa identidade baséase na memoria. Paul Ricoeur defende que a identidade persoal constrúese a través da identidade narrativa.
Teoría fisiocentrista
A identidade persoal reside na continuidade física: seguimos sendo o mesmo corpo.
Experimento Libet
Experimento de Libet: os nosos actos en gran parte son automáticos e inconscientes. Libet demostrou que o cerebro actúa antes de que a consciencia se decate. A idea de que somos libres e plenamente conscientes pode ser unha ilusión.
Teoría dos tres cerebros
Teoría dos tres cerebros:
- Reptiliano (instintivo)
- Sistema límbico (emocións)
- Neocortex (racional)
Dualismo antropolóxico
Dualismo antropolóxico:
- Platón dixo que a alma é inmortal e prisioneira do corpo (corpo: mundo sensible; mente: mundo das ideas).
- O cristianismo sostén que a alma é creada por Deus e é inmortal; non existe a reencarnación segundo esta tradición.
- Descartes dixo que o corpo é a substancia extensa e a alma é a substancia pensante.
Monismo materialista
Monismo materialista: o mundo é só materia. La Mettrie dixo que o humano é unha máquina sen alma. O fisicalismo contemporáneo afirma que todo é materia ou enerxía: a mente é unha función cerebral; o pensamento e a consciencia poden explicarse fisicamente.
Emerxentismo
Emerxentismo (p. ex. Mario Bunge, Antonio Damasio): somos corpo pero tamén somos mente, aínda que teñan niveis distintos. Damasio sostén que o corpo e a mente están interrelacionados e non son substancias separadas.
Espiritualismo vs. materialismo
Espiritualismo: defende que existe unha dimensión inmaterial (Deus, alma, mente), valora a vida interior e cre en algo máis que a materia.
Materialismo: afirma que só existe a materia e que todo se pode explicar a través dela; todo é cerebral. Confía plenamente na ciencia.
Realismo vs. idealismo
Realismo: di que a realidade existe independentemente de quen a mire; hai un mundo obxectivo fóra da mente.
Idealismo: sostén que só podemos coñecer as ideas que temos das cousas; a realidade non é certa en si mesma, só existe en relación co suxeito que a observa.