Impresionismo
Cara ao 1870, un grupo de pintores realistas reunidos arredor de Eduard Manet impulsou un movemento pictórico renovador, o Impresionismo. Desenvolveuse principalmente en Francia e tivo unha gran repercusión na arte europea e americana.
Pintores destacados
Claude Monet, Edgar Degas e Auguste Renoir
Características del Impresionismo
- Importancia da luz e dos seus efectos sobre a cor. Para mostralo é habitual que pinten a mesma paisaxe en distintos momentos do día ou baixo diferentes condicións atmosféricas.
- Pintura ao aire libre. A diferenza de anteriores estilos que remataban as obras no estudo, os pintores impresionistas pintan o cadro directamente ao aire natural.
- Intentan captar a momentaniedade, xa que consideran que non hai nada inmutable. Para conseguilo empregan unha técnica baseada nunhas pinceladas soltas en grandes manchas de cor perdendo importancia o debuxo.
- Utilización de cores puras sen mesturas na paleta de pitor xa que pensan que é o espectador quen debe mesturalos na súa retina.
- Utilización de gradación de cores para sobrear (non utilizan a cor gris para sombrear).
- Temática variada ainda que destacan as paisaxes, os bodegóns e os retratos.
La Primera Guerra Mundial
Novos Estados independentes: Austria, Hungría, Checoslovaquia, Iugoslavia, Turquía, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania y Polonia.
Gañran terrtorios: Francia, Reino Unido, Bélxica, Italia, Grecia, Polonia, Romanía, Dinamarca, Checoslovaquia, Iugoslavia.
Perdron territorios: Alemaña, Rusia, Austria, Hungría, Turquía.
Cuestión de Oriente-mandatos-Plan Schlieffen-propaganda-carta de racionamento-sociedade das nacións-programa dos 14 puntos-conderencia de Paz de París-Tribunal Internacional de A Haya-guerra de posicións-guerra de movementos-guerra no mar-revolución bolxevique-Batalla de Gallípoli-Batalla de Marne-Batalla de Verdún-Batalla de Somme-armisticio-autonomía de guerra-Paz Armada-Man Negra-Conferencia de Alxeciras-mercado negro ou de contrabando-Lusitania-estreitos de Bósforo e Dardanelos-Oriente Próximo-Tannenberg e Lagos Masurianos-Canal da Mancha e fronteira francosuíza.
1870-Als.Lore/batalla frncoprusiana
1882-Asinar A Trimpla Alianza
1890-Dimisión Bismarck
(1890-1914)-Paz Armada
1893-alianza francorusa
1904-Entente Cordiale
1907-alianza rusobritánica
1905-Guillerme II(Marrocos)
1906-Conferencia de Alxeciras
(1908-1913)-crise dos Balcáns
(xuñ1914-nov1918)-1ºG Mundial
1914-28xuño-asasinato
23xullo-ultimato
25xullo-rexeitou
28xullo-declaración de guerra
(agosto-1915)-guerra de movementos
1915-guerra de posicións
batalla de Gallípoli
1916-batalla de Verdún
batalla de Somme(tanques)
1917-revolución bolxevique
abril-EEUU
1918-marzo-tratado de Brest-Litovsk
xullo-ofensiva simultánea
setembro-rendicións
11novembro-armisticio
1919-tratados
1918(R Unido)1920(EEUU)voto muller
5. ¿En que zona das colonias se produciron as principais tensións? Explica entre quen se produciron e cal foi o seu resultado final
As cuestións coloniais foron continua fonte de problemas xa que as antigas potencias imperialistas (Gran Bretaña, Francia) desprezaron aos novos Estados xurdidos no século XIX (Alemaña e Italia) deixándoos sen materias primas e mercados polo que estes iniciaron a carreira para obter un imperio colonial propio. En Marrocos houbo varios conflitos protagonizados por Guillerme II- en 1905 o emperador alemán manifestouse a favor da independencia de Marrocos fronte ás pretensións francesas. Finalmente para evitar unha guerra celebrouse en 1906 a Conferencia de Alxeciras na que se reforzou a presenza francesa na zona
Posteriormente creouse un protectorado hispano-francés sobre Marrocos, e a cambio de recoñecelo Alemaña obtivo parte do Camerún francés pero a alianza franco-británica saíu reforzada en contra do obxectivo de Guillerme II
6. a. ¿Entre que potencias se produciron tensións na denominada "cuestión de Oriente"? explica que pretendia cada unha delas
O Imperio otomán estábase derrubando polo que Austria e Rusia pretendían aproveitar a situación para aumentar a súa influencia na zona balcánica. Rusia apoiaba aos Estados eslavos (Serbia e Bulgaria) e intentaba impedir que estes caesen baixo o dominio austríaco. Pola súa parte, Austria buscaba expandirse na costa do mar Adriático
b. ¿Cales foron as consecuencias das crises producidas nesta zona entre 1908 e 1913? Entre 1908 e 1913 producíronse tres graves crises na zona que remataron coa anexión de Bosnia e Hercegovina ao Imperio austro-húngaro e coa repartición de gran parte de Bulgaria entre os países veciños.
O ESTALIDO DA GUERRA (PÁX 98-99)
7. a) ¿Que acontecemento desencadeou a Primeira Guerra Mundial?
O 28 de xuño de 1914, o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa austrohúngara e a súa esposa foron asasinados durante unha visita oficial a Saraxevo por un bosnio proserbio que formaba parte dunha organización chamada Man Negra que tiña como obxectivo a formación dunha gran Serbia libre do dominio austríaco.
b) Explica como foron incorporándose ao conflito as distintas potencias europeas tras este acontecemento
O 23 de xullo Austria-Hungría, que contaba co apoio alemán, lanzou un ultimato a Serbia ameazándoa coa guerra se non permitía investigar o asasinato no seu territorio. Serbia, que estaba apoiada por Rusia, o rexeitou o 25 de xullo e tres días despois Austria-Hungría declaráballe a guerra. Produciuse entón unha reacción en cadea de declaracións de guerra:
Rusia, en defensa de Serbia, iniciou a mobilización xeral contra Austria-Hungría e Alemaña, e esta esixiulle que detivese as operacións militares. Ao non recibir resposta, Alemaña declaroulle a guerra a Rusia, e despois a Francia xa que pensaban que os franceses apoiarían ao seu aliado ruso polo que decidiron adiantarse e atacala con rapidez.
Tras a invasión alemá de Bélxica e a ameaza da súa flota, Gran Bretaña declaroulle a guerra a Alemaña. Italia non apoiou aos seus aliados da Tripla Alianza.
8. ¿Que bandos se enfrontaron na Primeira Guerra Mundial? Indica os países que combateron en cada un deles.
Enfrontou ás principais potencias e os seus respectivos imperios coloniais, e porque novos países se foron sumando ao conflito:
- Ao lado dos "imperios centrais" intervirian na guerra:
➤O Imperio otomán (dependente economicamente de Alemaña e oposto á política rusa nos Balcáns)
➤ Bulgaria (trataba de recuperarse das perdas territoriais sufridas nas crises balcánicas fronte a países como Serbia ou Romanía).
Xunto cos coñecidos como "aliados" (Tripla Entente) participarían diversos países:
➤Italia (reivindicaba fronte a Austria territorios existentes nos Balcáns, concretamente a costa dálmata -xunto ao mar Adriático-, ademais aproximárase a Francia e ao Reino Unido tras o reparto do norte de África no que os italianos obtiveran Libia mentres que Alemaña quedara excluído do mesmo)
➤Romanía e Grecia debido á súa rivalidade con Bulgaria na rexión balcánica
➤ Portugal (tradicional aliado de Gran Bretaña)
➤Xapón (interesado en apoderarse das posesións de Alemaña no Pacífico así como das súas concesións comerciais en China)
➤ EE.UU. (nun principio neutrais, aínda que entrarían de forma decisiva na guerra en 1917 cando a política alemá de "bloquear" o continente europeo cos seus submarinos prexudicou os seus intereses económicos, impedíndolles seguir abastecendo cos seus produtos aos países europeos en guerra, especialmente os aliados).
9. ¿Que tipo de armamento se empregaron durante a guerra?
Dirixibles e avións. Alemaña usou dirixibles para bombardear o Reino Unido. Tiñan gran capacidade de carga pero resultaban inestables. Ao inicio da guerra os avións utilizábanse sobre todo para realizar labores de recoñecemento, despois foron equipados con metralladoras e bombas usándose en moitos bombardeos aéreos.
Metralladoras e tanques. As primeiras eran armas de fogo de repetición capaces de disparar centos de balas por minuto. Eran moi pesadas e colocábanse sobre un trípode para poder manexalas. Os tanques inventados polos británicos, foron usados por vez primeira na batalla do Somme en 1916 coa finalidade de esmagar os aramados e romper as frontes. Difíciles de manexar, eran pouco eficaces como arma.
Gases tóxicos, foron usados para queimar a pel ou asfixiar ás vítimas ao introducirse nos pulmóns. Para protexerse dos seus efectos creáronse as máscaras antigas.
A guerra submarina. Os submarinos ian armados con torpedos, tiñan pouca autonomía e debían emerxer con frecuencia polo que eran un branco fácil.
16. ¿Que dous motivos provocaron un cambio na situación militar no ano 19177?
- tras o estalido da revolución bolxevique en outubro de 1917, as novas autoridades rusas decidiron facer caso do clamor popular antibélico que se estendera entre os soldados e a poboación civil, e estableceron negociacións con Alemaña para retirarse da guerra, así en marzo de 1918 ambos países asinaron o tratado de Brest-Litovsk co que a fronte oriental desapareceu.
-A entrada de EE. UU na contenda en abril de 1917 a favor dos aliados. EE.UU declarárase neutral, pero na práctica vendíalles aos aliados subministracións. Os alemáns intentaron evitalo mediante a guerra submarina, pero tras o afundimento do Lusitania por submarinos alemáns, EE.UU. entrou en guerra proporcionándolle aos aliados máis dun millón de soldados e a súa potente industria o que significou a ruptura definitiva do anterior equilibrio en favor da Tripla Entente.
17. Explica que sucedeu ao longo do ano 1918?
- A sinatura do tratado de Brest Litovsk en marzo de 1918 permitiu aos alemáns lanzar unha última ofensiva en primavera contra a fronte occidental que fracasou.
- En resposta, as tropas franco-británicas con apoio estadounidense a partir de xullo de 1918 lanzan varias ofensivas simultáneas aproveitando os problemas internos existentes nos imperios centrais (movementos independentistas dentro do imperio austro-húngaro, e revolución espartaquista en Alemaña) facendo perder en pouco tempo aos alemáns todo o territorio gañado anteriormente.
- A partir de setembro vanse rendendo os aliados de Alemaña (primeiro Bulgaria, logo o Imperio turco e finalmente o imperio austro-húngaro) ata que o 11 de novembro de 1918 Alemaña solicitaba o armisticio tras a abdicación do emperador Guillerme II.
VIVIR EN GUERRA (PÁX 102-103)
18. ¿En que consistía a economía de guerra?
Coñécese como economía de guerra á adoptada polos países en guerra e que implicaba a intervención do Estado na economía suspendéndose a liberdade de produción e comercio ao tomar o Estado as decisións sobre que producir e como repartilo co fin de garantir o abastecemento da poboación e a subministración das tropas. As principais medidas foron: O incremento da produción de armas e municións nas fábricas O recrutamento de man de obra que substituíse os mozos que estaban na fronte (mulleres, varóns de maior idade, etc.)
19. ¿Que papel tiveron as mulleres durante a guerra?
Un dos efectos indirectos da guerra foi a incorporación das mulleres ao traballo fóra de casa, posto que a mobilización de millóns de soldados fixo necesaria man de obra para cubrir os seus postos de traballo, deste xeito, millóns de mulleres asumiron o seu traballo nas fábricas e nos campos.
20. ¿Que medidas se tomaron nos países en conflito ante o descenso da produción e Importación de alimentos?
A guerra ocasionou un descenso da produción e importación de alimentos. Para contrarrestar as consecuencias deste feito os gobernos limitaron os prezos dos produtos básicos e impuxeron o racionamento: cada persoa tiña asignada unha ración diaria de alimentos, dependendo da súa idade, actividade, etc... que só podía adquirir en determinadas tendas presentando a súa carta deracionamento. Nesta situación desenvolveuse o mercado negro ou de contrabando. Malia todo, miles de persoas morreron de fame
21. ¿Con que finalidade se usaba a propaganda polos Gobernos e como o facían? propaganda foi usada polos gobernos para que os homes se alistasen e tamén para motivar ás
A tropas e á poboación civil: enxalzábanse as vitorias, minimizábanse as derrotas e presentábase ao Inimigo como un monstro ao que había que derrotar. Esta propaganda bélica estendeuse a partir de a colocación de centos de carteis propagandísticos que cubrían as cidades e a través dos xornais e da radio que informaban sobre a guerra aínda que moitas noticias eran censuradas para non desmoralizar á poboación e aos soldados.
A PAZ E AS CONSECUENCIAS DA GUERRA (PÁX 104-105)
22. ¿Quen creou o programa dos 14 Puntos? Fixate no texto da páx. 104 e explica que aspectos das relacións internacionais pretendía variar este documento para evitar unha nova guerra
O presidente estadounidense Wilson - A condena da diplomacia secreta nas relacións internacionais. (art. 1)
- A liberdade de navegación en todos os mares (art. 2)
- A diminución das barreiras económicas para conseguir a liberdade nas relacións comerciais (o que viña a considerar ás prácticas económicas proteccionistas anteriores á guerra como responsables parciais do conflito). (art. 3)
- A redución da carreira de armamentos. (art. 4)
- A democracia e a igualdade dos estados nas relacións internacionais para o que se crearía unha organización internacional que garantise a paz e a integridade territorial dos países. (art. 14)
23. ¿Que tratados se asinaron na Conferencia de Paz de París celebrada a inicios de 1919? ¿Que paises foron excluídos? ¿Que países tomaron as principais decisións?
O tratado de Versalles (con Alemaña); tratado de Saint-Germain (con Austria); tratado de Trianon (con Hungría); tratado de Neuilly (con Bulgaria); tratado de Sévres (con Turquía). Participaron 27 Estados sen incluir os vencidos nin Rusia. As principais decisións foron tomadas por Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña e Italia, obrigando aos países derrotados a aceptar as condicións impostas. O Tratado de Versalles non foi un acordo de paz, senón unha imposición que os alemáns tiveron que aceptar obrigados. As súas duras condicións alentaron un espírito de desquite entre o pobo alemán que foi crucial posteriormente:
- Sancións políticas. O tratado culpaba a Alemaña (xunto aos seus aliados) como o único responsable da guerra quedando o país excluído dos organismos internacionais. Ademais, o emperador alemán e os seus ministros quedaban baixo a xurisdición de tribunais especiais para responder pola súa implicación no desencadeamento do conflito.
- Sancións económicas. Condenábana ao pago de elevadísimas reparacións de guerra (ascendían aproximadamente a dous mil millóns de libras). Ademais tiña que entregar parte da súa flota mercante e locomotoras, así como ceder a administración da rexión carbonífera do Sarre a Francia durante un período de quince anos.
- Sancións militares. Establecíase a desmilitarización de Alemaña coa redución do seu exército a 100.000 homes; a supresión do servizo militar obrigatorio; a prohibición de posuir tanques e artillería pesada así como de forza militar aérea e de submarinos; ademais debía aceptar a desmilitarización da rexión de Renania fronteiriza con Francia.
24. ¿Que tres obxectivos perseguía a firma da paz?
- Impedir o rexurdimento de Alemaña
- Conseguir un equilibrio de poderes entre as potencias vencedoras particularmente nos Balcáns e nas colonias para que non fosen fontes de conflitos. " - Manter illada a Rusia onde se implantara un réxime comunista para o que se creou un cordón sanitario" que evitasen o contaxio revolucionario ao resto do mundo.
25. ¿Cal era o obxectivo da Sociedade de Nacións? ¿Conseguiuno? Explica a túa resposta
- O obxectivo da SdN era manter a paz e resolver os conflitos entre países mediante negociacións e a arbitraxe da SdN, debendo someterse ás nacións implicadas á sentencia do Tribunal Internacional de A Haya
Respectar as obrigas dos tratados aplicando sancións aos países que non cumpriran as condicións estipuladas neles. Estimular a cooperación internacional e poñer en marcha un amplo programa humanitario que contribuíra á reconstrución dos países afectados pola Primeira Guerra Mundial.
Non obstante, Alemaña, Estados Unidos e Rusia non participaron nela o que unido a outros problemas, fixo que a súa eficacia fose limitada