ingredientes

Biología2,48 KB

FASE Lumínica: ETAPAS.-
• Captación de “enerxía lumínica” polos pigmentos fotosintéticos. Ten lugar na membrana
dos tilacoides.
• Transporte de electróns e protóns na cadea de transporte electrónico fotosintético ubicada
na membrana dos tilacoides.
• Fotofosforilación acoplada ao transporte electrónico (según a teoría quimiosmótica) na
membrana dos tilacoides.

FASE ESCURA OU CICLO DE CALVIN.-

Consta de tres etapas que se producen no estroma dos cloroplastos:
• Etapa Carboxilativa ou de Fixación: o CO2 é fixado pola Ribulosa 1-5difosfato (5C) que
posteriormente rómpese en 2 moléculas de ac 3 fosfoglicérico.
• Etapa Reductiva: o ac 3 fosfoglicérico redúcese a gliceraldehido 3P (G3P), empregando o
ATP e NADPH+H+ obtidos na fase lumínica.
• Etapa Rexenerativa: A partir do G3P rexenéranse, por un lado a Ribulosa 1-5difosfato, e
por outro lado, a través de distintas vías, sintetízase glicosa, ác. Graxos, etc.
Na primeira etapa, a fixación do CO2, prodúcese grazas a unha enzima chamada RUBISCO
( Ribulosa 1-5difosfato carboxilasa-oxidasa) que é extremadamente lento. Para suplir a súa
lentitude existe en cantidades moi grandes, polo que é a enzima máis abundante da natureza.

Resumo do Ciclo de Calvin: proceso polo cal o CO2 é fixado e reducido a materia orgánica,
empregando para elo o ATP e o NADPH+H+ orixinados na fase lumínica. Dase no estroma dos
cloroplastos. O composto aceptor do CO2 é a Ribulosa 1-5difosfato e a enzima que cataliza a unión
é a Rubisco.

FACTORES QUE INFLÚEN NA FOTOSINTESE.- (Temperatura:,Intensidade lumínica:Concentración de CO2:Concentración de osíxeno:

QUIMIOSÍNTESE
Nos lugares nos que non hai luz, os organismos autótrofos (bacterias) fan quimiosíntese.

Os compostos inorgánicos reducidos poden ser de distinto tipo:
• NO2 - -------> NO3- ,nas bacterias nitrosificantes e nitrificantes.
• S------>SO32- ----->SO42- , nas bacteria do xofre (húmeros negros dos fondos oceánicos)
• Fe2O3, nas bacterias do ferro.
A quimiosíntese é un proceso similar a fotosíntese, pero no que a enerxía empregada é a
desprendida en reaccións de oxidación de compostos inorgánicos. Ten lugar so en algunhas
bacterias.

Descargar

PDF Word HTML