Interpretación de Negra Sombra e Esquema de Comentario Crítico
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,36 KB
Negra sombra: cando penso que te fuches...
Estrutura interna
Nas tres primeiras estrofas vai mostrando a presenza constante da sombra: na intimidade (1ª) e no mundo, na natureza (2ª e 3ª), mentres que a última é como un resumo das anteriores, recolle o significado do poema, creando unha estrutura case circular ao finalizar cun verso moi semellante ao segundo, aínda que cunha nova achega intensificadora: o adverbio SEMPRE, que ademais é unha antítese do NUNCA que aparece pechando o verso anterior; dous versos finais que podemos considerar como o clímax (penúltimo) e o anticlímax (último): a resignada aceptación do seu destino.
Estrutura externa
Todo isto aparece en catro estrofas de versos octosílabos con rima asonante nos pares; rima en O-A como sombra, que podería representar ese estado entre a vida (A) e a morte (O) desexada tantas veces por Rosalía para saír do estado de desesperación no que se atopa. Esta combinación vocálica O-A aparece como un eco ao longo do poema e non só na rima.
Recursos literarios
- Personificación: "Negra sombra que me asombras".
- Hipérbaton: "Ó pé dos meus cabezais tornas".
- Anáfora: "E... e..."; "se... se..."; "e... e...".
- Paralelismo: "E eres a estrela que brila, e eres o vento que zoa"; "se cantan... se choran..."; "e es o... e es a...".
- Metáfora: "Es todo, estás en ti e es todo".
Modelo de Comentario Crítico
Parágrafo 1: Contexto do tema
- O tema abordado polo autor é...
- O autor critica o feito... / defende a tese de que...
- Na actualidade, este tema xera un debate entre a poboación por tratarse dun asunto controvertido, xa que hai diferentes enfoques ao respecto. A visión que nos achega o texto a tratar é defender/criticar (a situación dada por... / o comportamento amosado... / as decisións tomadas...) porque... Pero (en contra) / Aínda que (a favor) as súas conclusións serían amplamente discutibles...
- (En contra): Xa que presenta uns argumentos moi débiles para xustificar o que defende/critica.
- (A favor): O certo é que fai un claro reflexo do que está a acontecer na nosa sociedade hoxe en día.
- Polo tanto, (tese).
Parágrafos 2 e 3: Argumentos a favor e en contra
Parágrafo 2:
Por unha parte... xa que... Por outra parte, habería que matizar que...
Parágrafo 3:
Para solucionar este problema, cabe plantexarse a necesidade de...
Parágrafo 4: Conclusión
En conclusión, pese a que o tema a tratar é de difícil solución, sempre hai que activar os mecanismos axeitados para pór un fin a tal situación.