iuyktjudrhytegszdfxcg

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,44 KB

Abade: Superior dun mosteiro. Na Idade Media, exercía tempo-ralmente, en representación da Igrexa, como señor do feudo do mosteiro. Cabaleiro: Guerreiro dacabalo que servía a un señor feudal, habitualmente a cambio da posesión de terras. Peregrinación: Viaxe dun crente ou dun grupo de crentes a un santuario ou lugar de devoción. Os tres principais centros de peregrinación cristiá son Xerusalén, Roma e Santiago de Compostela. Querela das investiduras: Conflito entre os papas e os reis cristiáns (1073-1122). Discutían quen deles tiña autoridade para nomear señores feudáis a membros do clero. Dinastía: Serie de monarcas dun reino pertencentes a unha mesma familia, que se transmiten o poder por herdanza. Primus inter pares: “O primeiro entre os iguais”. Frase latina que designa a quen ten maior rango dentro dun grupo cuxos membros comparten un mesmo nivel ou responsabilidade.


Barbeito: Porción de terra de cultivo que non se sementá durante algún tempo para que se recupere e almacene materia orgánica. Mansos: Parcelas cedidas ao campesiñado polo señor, quen exercía o dominio útil sobre elas. A cambio, os campesiños debían pagarlle rendas anuais en especie (parte da colleita) e traballar algúns días na súa reserva. Sarracenos: Eran piratas musulmáns que tiñan a súa base no norte de África. O seu intento de ocupar o sur de Italia non prosperou debido á intervención da flota bizantina. Só puideron ocupar parte de Sicilia entre os anos 827 e 902. Excedente: Cantidade de produto que supera as previsións de producion. Foro: Documento entregado polos monarcas aos Burgos no que se lles outorga autonomía política e económica fronte aos señores feudáis. Con estés privilexios, as cidades quedaban libres do poder dos señores e podían formar un gobernó autónomo. Feira: Mercados extraordinarios que se celebraban periódicamente nas cidades. Nalgunhas, había feiras semanais, mentres que outras só as organizaban unha vez ao ano e tiñan lugar nunha praza ou rúa céntrica

Gremio; Corporación local de artesáns dun mesmo oficio ou de oficios relacionados entre si. Xurdiron para axudarse entre os asociados e para velar polos intereses comúns de cada oficio.

Entradas relacionadas: