A Lírica Medieval Galego-Portuguesa: Tipos, Temas e Estruturas das Cantigas
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 9,14 KB
A Cantiga de Amigo: Orixe e Características
A cantiga de amigo é de orixe autóctona (cancións que o pobo cantaba).
Caracterización Temática da Cantiga de Amigo
A voz narrativa neste xénero é sempre a dunha muller. Unha muller nova e virxe (a amiga); que nos refire os sentimentos co namorado (o amigo, que está ausente normalmente).
- Viven nunha relación amorosa:
- Perspectiva de amor feliz ou satisfeito.
- Perspectiva de amor infeliz.
- Perspectiva de amor con obstáculos ou prohibicións.
- Estados emocionais
- Feliz pola chegada do amigo.
- Vingativa cara a el.
- Anhelante e vulnerable.
- Coprotagonistas
- Nai
- Obstáculo, vixiante de todo aquilo que fai a protagonista, non está a favor da relación.
- Confidente dos comportamentos amorosos da filla e a adestra, como debe vestirse se pretende seducir o namorado…
- Amiga, resulta a verdadeira protagonista da relación.
- Irmá(s), Amiga(s), testemuñas do relato amoroso.
- Nai
- Paisaxe
- Mariño coa presenza do mar.
- Campestre onde hai unha paisaxe idílica, árbores, fontes, paxaros, cervos = namorado.
- Ás veces sitúanse na cima dun monte cun santuario, as cantigas de romaría.
- Danza xunto cos elementos da natureza, como promesa de amor eterno.
Clasificación da Cantiga de Amigo
- Dirixidas directamente ao amigo
- Dirixidas indirectamente ao amigo
Clasificación Tradicional
- Barcarola/Mariñas (mar, barcos…)
- Bailadas (referencias ao baile)
- Romarías (igrexas, santuarios…)
Caracterización Formal da Cantiga de Amigo
Paralelismo e leixaprén.
A Cantiga de Amor: Características e Recursos
Caracterización Temática da Cantiga de Amor
- A voz narradora sempre é a dun home expresando os sentimentos diante da dama da que está namorado.
- O namorado é moi discreto, non vai divulgando de quen está namorado (non pon o nome da namorada, só comenta características dela).
- A gran protagonista é a dama, unha muller perfecta física e espiritualmente.
- O namorado só mostra submisión cara á súa amada. Está preso polo amor, non pode fuxir del.
- Trátase dun amor non correspondido.
- A consecuencia da relación é a coita de amor (o sentimento de dor profunda que sofre o trobador).
Mentres na Occitania a doutrina do amor cortés defende a felicidade pola consumación do amor físico e espiritual entre o trobador e a dama, na nosa lírica, a cantiga de amor configúrase como un amor platónico dominado pola coita de amor.
Clasificación da Cantiga de Amor
- Dirixidas directamente á dama
- Dirixidas indirectamente á dama
Segunda Posibilidade Clasificatoria
- Cantigas de refrán
- Cantigas de mestría, non aparece refrán.
Recursos Formais da Cantiga de Amor
- Dobre: repetición de palabras ou segmentos.
- Mordobre: repítense variantes gramaticais (desamar/desamor).
- Ata-fiinda: a oración final dunha estrofa segue o primeiro verso seguinte.
- Fiinda: conxunto de versos cos que se dá remate ao poema.
Estrutura Xeral das Cantigas de Amigo e Amor
1. Introdución
Tipo de cantiga, orixe, data, autor, cancioneiros…
2. Análise do Contido
Voz narradora, tema, amigo, relación amorosa, coprotagonistas, natureza, clasificación, temática…
3. Análise da Forma
Estrofas, versos, refrán, cómputo silábico, rima, esquema rítmico...
4. Conclusión
(Pouca información debido á repetición)…
As Cantigas de Escarnio e Maldicir
- Na primeira estrofa presenta un papel introdutorio marcado por unha importante interferencia da función narrativa.
Esquema Estrutural
- Enunciación
- Paralelismo narrativo coa primeira estrofa
- Glosa irónica
- O equívoco, a ironía e o paradoxo son elementos que enmarcan por excelencia o esquema do cancioneiro burlesco.
- Non se detiveron á hora de botar man dun léxico explícito para levar adiante as súas burlas.
- Composicións de intencionalidade e ton abertamente xocosas.
Clasificación e Diferenzas
Escarnio: Polo emprego da diloxía, é dicir, o emprego de diversos sentidos dun vocábulo. Polo contrario, fronte aos xogos irónicos, a cantiga de maldicir, lonxe de acudir ao equívoco, caracterízase por que a burla se leva adiante mediante unha linguaxe directa e explícita na que non hai lugar para as dúbidas ou os dobres sentidos.
Ciclos Temáticos das Cantigas Satíricas
Temática Política
Tratan acontecementos históricos ou políticos dese tempo como a covardía dos nobres cristiáns contra os mouros.
Temática Social
Ridiculízanse os diferentes estamentos sociais, fundamentalmente os infanzóns (nobres do sector máis baixo que teñen o título pero non cartos).
Temática Sexual
Sátiras de carácter obsceno referente ás prácticas eróticas de soldadeiras, monxas, homosexuais, cregos…
Temática Moral
Reflexiona acerca dos vicios da época como pode ser a mentira, os roubos…
Temática Literaria
Son escarnios que se dirixen entre si os trobadores e xograres acerca da pouca habilidade poética.
A Tenzón: Un Subxénero Dialogado
Dentro do conxunto das cantigas satíricas destaca a presenza da tenzón, trátase dun subxénero de carácter dialogado, elaborado simetricamente por dous autores que pretenden defender cadansúa tese ao tempo que rexeitan aqueloutra que propón o contrario.
As Cantigas de Santa María: Milagres e Loanzas á Virxe
As Cantigas de Santa María: conxunto de 427 composicións que xiran arredor da figura da Virxe. Na actualidade son coñecidas a través de catro códices, procedentes da propia corte de Afonso X, cuxa datación temos que situar ao longo do século XIII:
Códice de Toledo (To)
Actualmente gardado na Biblioteca Nacional de Madrid, contén 128 cantigas acompañadas da correspondente notación musical.
Códice (T) do Escorial
Contén 193 composicións, acompañadas de notación musical e dun conxunto de 1264 miniaturas que lle dan á obra un extraordinario valor iconográfico.
Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F)
Contén un total de 104 cantigas. A obra está incompleta xa que faltan, por exemplo, as notas musicais e tampouco aparecen rematadas moitas miniaturas.
Códice (E) do Escorial
Denominado «códice dos músicos», transmite 417 cantigas, ilustradas con 40 miniaturas e notación musical.
Clasificación das Cantigas de Santa María
Cantigas Narrativas
O protagonista aparece en debate co pecado ou diante dun perigo inminente e pídelle axuda á virxe. A cantiga finaliza sempre con agradecementos á virxe de Santa María.
Organización
- Introdución acerca do milagre que vai ser relatado, seguido dunha máxima que logo se repetirá ao final de cada estrofa en forma de refrán.
- Relato do milagre.
- Conclusión moral, agradecementos e loanzas á figura de Santa María.
Cantigas Líricas
Trátase de composicións que discórren por dúas vías esenciais: unha que segue o modelo das cantigas de amor e outro que provén de inspiración litúrxica.
O Primeiro Conxunto
Conformado polas cantigas de loor, segue, daquela o modelo da cantiga de amor trobadoresca. Aparecen intercaladas entre cada nove cantigas, ocupando os números un, dez, vinte… Nelas Afonso X reitera a súa decisión de converterse en trobador da Virxe.
Non obstante, a maior parte das cantigas de loor están compostas en forma de himnos, oracións e loanzas da figura de Santa María.
Temática das Cantigas de Santa María
- Milagres que exaltan a figura de María como auxiliadora dos seus devotos, sandadora dos doentes ou consolo dos que padecen algunha aflición.
- Milagres que critican pecados e costumes deshonestos.
- Milagres a prol de santuarios marianos.
- Cantigas que fan mención ás festas dedicadas a María.
- Cantigas arredor dos misterios máis significativos do cristianismo.
Por último, un certo número de composicións manifestan, xunto á intencionalidade relixiosa, outra de aberto carácter político-propagandístico.