A Lírica Medieval: Orixe e Protagonistas da Poesía Trobadoresca
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,38 KB
Orixes da Poesía Trobadoresca
A Igrexa monopolizou a cultura ata a Baixa Idade Media, promovendo o latín como lingua de rito e do ensino. A tradición épica floreceu desde o século VIII no mundo cultural xermánico. Co avance do feudalismo, atopamos adaptacións de romances da épica xermánica; exemplos disto son A Chanson de Roland ou o Cantar do Mío Cid.
No século XII xorde unha puxante poesía lírica en lingua romance. É a poesía trobadoresca o primeiro movemento literario de ámbito europeo.
A cultura trobadoresca ten a súa orixe no sur de Francia, na corte de Poitiers, nos tempos do Duque Guillerme IX e da súa neta Eleonor de Aquitania. A finais do século XII, na maior parte dos reinos de Occidente, desenvólvense escolas autóctonas que compoñen á moda provenzal ou adaptan os sistemas poéticos aos gustos locais usando as linguas vernáculas.
Escolas Trobadorescas en Occidente
- A escola catalá e a italiana troban en provenzal.
- A escola siciliana troba no dialecto local.
O Espectáculo Medieval Trobadoresco
A Cantiga
Foi concibida para o canto, individual ou coral, con acompañamento instrumental. A temática e os ritmos parecen suxerir que eran empregadas para o baile.
Axentes Culturais da Difusión Poética
A difusión do fenómeno poético medieval foi levada a cabo por diferentes axentes culturais:
O Trobador
O termo xorde en Occitania a comezos do século XII. Era poeta e compositor ao mesmo tempo, o que implicaba uns coñecementos artísticos e literarios e unha mínima formación musical. O grao de trobador resérvase para aqueles compostores de orixe nobre que troban por pracer ou por refinamento cultural ante un público aristocrático e sen recompensa económica. Un exemplo é Afonso XII.
O Xograr
Eran artistas ambulantes que viñan do mundo clásico grecolatino. Inicialmente eran os intérpretes das cantigas trobadorescas ou os que facían o acompañamento musical. En ocasións tamén foron compositores de canción trobadoresca, o que provocou burlas dos trobadores. En Galicia destacaron Mendinho e Bernal de Bonaval.
O Segrel
Era un artista itinerante que levaba o espectáculo de corte en corte cobrando pola súa interpretación. Eran da baixa nobreza.