Literatura Galega: Identidade, Celtismo e o Legado do Grupo Nós
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,73 KB
A influencia do celtismo e a cultura popular
A doutrina e as augas salutares do bautismo. A cultura celta menciónase a través da referencia aos caracteres do alfabeto celta inventado polo sabio Ogma.
Elementos temáticos de orixe popular
Escribe exemplos de elementos temáticos de orixe popular debidos á reinterpretación de lendas feita por este escritor:
- A trabe de ouro: Presente en lendas populares que falan de que encherá de riquezas a quen a atope.
- Encomenda dun ser encantado: O feito de que un personaxe reciba unha misión por parte dun ser sobrenatural.
Outros elementos, neste caso de orixe culta, son os que se refiren á cultura celta, á denominada «ciencia antiga» e ás vellas leis e profecías.
A fascinación polo exótico: Vicente Risco
Características do Grupo Nós
Os integrantes do Grupo Nós querían afastarse da realidade, rexeitaban as ideoloxías máis comúns da súa época e interesábanse polas culturas e os lugares exóticos. De aí provén o título «Nós, os inadaptados».
Individualismo e elitismo
- Individualismo: Rexeitamento das ideas en voga por non seren resultado da súa «bagaxe», senón da dos outros, os «filisteos»; eles procuran ideas propias.
- Elitismo: Rexeitamento de todo o que é compartido polo que o autor denomina “o común da xente”, por exemplo, o patriotismo, considerado pertencente “ao vulgo profano”.
A procura da identidade: Otero Pedrayo
A identidade galega segundo Adrián Solovio
A lingua galesa, pertencente á familia celta, fai que Adrián Solovio se lembre do celtismo presente nalgúns escritores galegos e, por tanto, da importancia da lingua galega como elemento da identidade nacional.
Esquemas literarios
Obra ensaística de Vicente Risco
- Teoría do nacionalismo galego: Exposición das ideas sobre a nación.
- Nós, os inadaptados: Reflexión sobre a evolución dos galeguistas.
- Mitteleuropa: Anotacións da viaxe realizada pola Europa central.
Características da obra narrativa de Ramón Otero
- Novela: Creación de narracións longas antes inexistentes no galego moderno.
- Fidalguía: Decadencia desta clase social como dirixente da sociedade galega.
- Paisaxe: Importancia dela como elemento configurador da identidade galega.
- Historia: Abundantes referencias eruditas ao longo das súas obras literarias.