Localismos e dialectalismos do galego: variantes fonéticas, morfosintácticas e áreas dialectais
Hai localismos léxicos, palabras propias dunha zona que non se usan noutras pero que son admitidas na lingua estándar: golpe (raposo). E hai variantes dialectais, dialectalismos, que non son recollidas na lingua normativa.
Rasgos fonéticos
Son fonéticos:
- O seseo: sapato, lus, por zapato, luz
- A gheada: ghato, reghalo, por gato, regalo
- O ditongo -ui-: truita, muito, por troita, moito
- As formas en cua ou gua: cuando, guardar, por cando, gardar
Rasgos morfosintácticos
Son morfosintácticos:
- Os plurais de formas con -ns: cas (caes/cais) ou ladrós (ladrois), para cans, ladróns
- As formas en -án e -á: o irmao / irmau, o irmá, a irmán, fronte ao normativo o irmán, a irmá
- Os demostrativos: iste, ise, aquil, eso, fronte a este, ese, aquel, iso
- As terminacións verbais: andais, andandes, andás
Bloques dialectais
1. Bloque oriental
- Plural en -n: cais (cans), pantalois (pantalóns)
- Sufixo -iño: camín (camiño), paxarín (paxariño)
- Grupo -ua-: cuatro (catro), cuando (cando)
- Baxo (baixo), caxa (caixa)
Exemplos: gústanme esas canciois // O gato é moi bonitín // O meu vecín ten cuatro cais // Mira aí, ta guardado na caxa
Áreas do bloque oriental
- Asturiana: artigo el/l', avolo (avó), mulin (muíño). Ex.: l'avolo ta n'el mulín
- Ancaresa: vogais nasais
- Zamorana: collí (collín), partí (partín)
2. Bloque central
- Non seseo: luz, dez, empezar, dicir
- Sufixo -ao: mao, irmao, chao (man, irmán, chan)
- Plural en -n: cas (cans), leós (leóns), ladrós (ladróns), calcetís (calcetíns)
- Alguna gheada
Exemplos: a meu irmao caeulle a tixola ao chan.
Áreas do bloque central
- Mindoniense: cimo (grelo)
- Lucuauriense: bibe (bebe)
3. Bloque occidental
- Gheada: logho (logo), amigha (amiga), Lugho (Lugo)
- Seseo total: disir (dicir), cosiña (cociña), des (dez), ou seseo só en final de sílaba: lus (luz) mais facer
- Sufixo -an: man, irmán, castelán, chan
- Plural en -n: uns, algúns, leóns, calcetíns
Exemplos: acende a lus da cosiña // Os tighres non son curmáns dos leóns // Ese xa caeu des veces ao chan
Áreas do bloque occidental
- Fisterrá: cheísmo (só che como pronome, non te)
- Pontevedresa
- Baixo Miño: teísmo (só te, non che)