Manuel Antonio, Castelao e a Literatura Galega de Preguerra
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,35 KB
Manuel Antonio
Máximo expoñente do creacionismo, a súa poesía caracterízase pola imaxe como recurso e a ausencia do sentimentalismo, a musicalidade e a rima. Os temas recorrentes son a soidade, a identidade e o fluír temporal, entre outros. Publica o manifesto Máis Alá (1922), no que arremete contra os vellos, ataca a persoeiros contemporáneos e defende tanto o uso do galego como unha temática afastada do ruralismo.
T3: Poesía de Preguerra
Vicente Risco
Na súa produción destacan a Teoría do nacionalismo galego (1920), que sitúa a terra e a lingua como expoñentes nacionais; Nós, os inadaptados (1933), que explica a evolución ideolóxica do Cenáculo ourensán cara ao galeguismo, e Mitteleuropa (1934). A súa obra máis destacada é O porco de pé (1928), unha sátira que narra o ascenso social de Don Celidonio, un home materialista e consumista.
Castelao
As súas principais características literarias inclúen:
- Protagonismo popular e dos desfavorecidos.
- Lirismo e esencialismo formal.
- Coidado formal extremo.
- Estética do silencio (a historia ten sempre un trasfondo).
- Humor reflexivo.
- Influencias do realismo, impresionismo e expresionismo.
Dentro da súa obra destaca Memorias dun esquelete (1922), caracterizada polo seu humor macabro e crítico co caciquismo e a loita agraria. Cousas (1934) recolle cinco relatos autobiográficos, mentres que Os dous de sempre (1934) trata modelos de actitude vital, compromiso e cambio social.
Contextos Literarios
Contexto T1
Este poema pertence ao primeiro terzo do século XX, en concreto ao movemento vangardista, que pretende romper coa poesía anterior e busca unha renovación total. Destacan características como a deshumanización da obra artística, o antirromanticismo e o antisentimentalismo. A principal tendencia vangardista galega é o creacionismo —entendido como a creación dunha nova realidade—, aínda que tamén se aprecian outras influencias europeas.
Contexto T2
Este texto insírese na época literaria que abrangue desde finais do século XIX ata 1936, momento no que a literatura evoluciona impulsada polo desenvolvemento cultural galego que vén da man das Irmandades da Fala. Isto supón unha renovación do panorama literario, xa que se introducen novos temas e novas formas, convertendo a poesía nunha suma de tradición e renovación.
Contexto T3
Este texto de Vicente Risco insírese na época literaria comprendida desde finais do século XIX ata 1936, etapa na que xurde a Xeración Nós. Ao igual que os outros autores do momento, Risco puxo a súa vida ao servizo de Galicia e da sociedade do seu tempo. Cómpre mencionar que participou activamente nas Irmandades da Fala e no grupo Nós.