Manuel Curros Enríquez e O Maio: Voz da Crise Galega do Século XIX
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,8 KB
Autor: Manuel Curros Enríquez
Este poema pertence a Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez. O autor naceu en Celanova en 1851.
Pasou os seus anos de neno en Galicia e, con 34 anos, foi a Madrid para estudar Dereito e frecuentar círculos intelectuais.
Foi criticado polo anticlericalismo da súa poesía. Desde Cuba, axudou a fundar a Real Academia Galega (RAG).
Faleceu na Habana en 1908 e os seus restos foron trasladados á Coruña.
Obra Destacada
Entre as súas obras máis coñecidas destacan O Maio e Aires da miña terra (1880).
Contexto Histórico e Social
O século XIX foi unha época de grave crise para Galicia: emigración, fame, pestes... O resto da península, pola súa contra, estaba reformando o Antigo Réxime e introducindo o capitalismo e o liberalismo grazas á industria. Isto non ocorría en Galicia, onde só predominaban actividades do sector primario: agricultura, gandería e pesca.
A poboación estaba composta por campesiños que traballaban para o clero, sufrindo abusos e pagando elevadísimos impostos. Precisamente isto motivaría un levantamento militar que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.
Análise do Poema "O Maio"
O poema está constituído por 4 estrofas de 8 versos hexasílabos cada unha. É unha endecha con rima asonante (-es), rimando os versos pares e quedando libres os impares.
É un poema que comeza sendo costumista, servindo como introdución a unha crítica cívico-social.
Estrutura e Temática por Estrofa:
1ª Estrofa:
Descríbese a festa popular do Maio, onde nenos con "puchos furados" (indicando a súa pobreza) veñen pedir "crocas" (castañas secas) para comer.
2ª Estrofa:
Os nenos poden pasar se están calados e tranquilos, pero hoxe non se lles ofrece nada porque é o propio pobo galego o que está pobre e sen recursos.
3ª Estrofa:
A primavera para o pobo galego chegará cando xa non haxa señores, non teñan que pagar impostos e os bens sexan como os da igrexa (libres de cargas).
4ª Estrofa:
Para obter as "castañas" (símbolo de benestar), o pobo debe cantar un "maio" sen supersticións, sen castelanismos, sen préstamos abusivos, sen a obriga de facer a mili, sen impostos inxustos, sen pagar aos señores por traballar as terras, e sen a influencia de "curas malos".
Características Lingüísticas
A lingua empregada é sinxela e clara, fácil de comprender e sen castelanismos.
Valoración Persoal
Na miña opinión, é un poema no que hai que reflexionar sobre como as cousas eran moi diferentes anos atrás e como o que critica neste poema foi mellorando co paso do tempo.