Masas neutras de maura

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,43 KB

Os seguintes documentos permítennos realizar unha composición de texto histórico sobre a crise da Restauración (1898-1917). A quenda pacífica entra en crise a fináis do s. XIX a raíz principalmente do aumento dos grupos sociais que non se sentían representados polo sistema turnista. Estés grupos, principalmente urbanos, consolídanse co desenvolvemento da industrialización e o aumento consecuente da taxa de urbanización. As clases medias urbanas abrazan o republicanismo, o movemento obreiro se consolida ao igual que o nacionalismo periférico e actuarán como opositores ao réxime oligarca. Outros elementos desestabilizadores serán o asasinato en mans dun anarquista de Cánovas en 1897 e a morte de Sagasta en 1903 provocando o fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos e, sobre todo, a crise de 1898, que sería a principal crise da rexencia de María Cristina de Habsburgo. En 1895 comeza no Grito de Baire a insurrección de Cuba á cal se unirían máis tarde Filipinas e Puerto Rico. España respondeu cunha forte represión facendo padecer a poboación civil grandes calamidades. Aproveitando isto os medios vencelllados aos intereses económicos do trust National Fruit Company estadounidense puxeron á poboación en contra dos españoís paro poder intervir no conflito e facerse coa producción de azucre cubana. En 1898 a explosión do Maine foi a escusa para que o gobernó dos EE.UU. Declarase a guerra a España. A guerra foi rápida e contundente, a escuadra española non podía competir fronte aos norteamericanos, o que produciu en poucos días unha rápida derrota. As negociacións de paz rematan coa sinatura do Tratado de París: España cedía Cuba, Porto Rico, Filipinas e a illa de Guam aos Estados Unidos. A derrota cualificada como desastre do 98, causou en España un forte impacto na opinión pública, nos partidos políticos e nas clases medias. Os intelectuais desenvolveron unha reflexión crítica sobre España marcada pola desmoralización, o pesismismo e a idea de decadencia, como se pode observar nas obras de autores da Xeración do 98 como Pío Baroja e Unamuno. Os militares sentíronse frustrados e responsabilizaron do fracaso aos políticos e pecháronse progresivamente nunha actitude de defensa corporativa dos seus intereses. Prodúcese o divorcio entre o turnismo e os militares. Ademáis xorde o rexeneracionismo, un movemento que abogaba pola rexeneración de España, para rematar co caciquismo, o atraso e a falta de democracia e corrupción, cuxo líder foi Joaquín Costa. En 1906 o poder militar impúxose ao civíl. Antonio Maura, político conservador, é nomeado presidente en 1907. Nun intento de mellorar o sufraxio facendo como el afirmaba unha revolcuión desde arriba apatra evitar unha desde abaixo elabora o artigo 29. Este establecía que se soamente se presenta un candidato ás eleccións, non é necesario votar. O efecto que tivo foi o contrario ao buscado, pois facilitou aínda máis o labor dos caciques e o fraude electoral. Ademáis, grazas á Conferencia de Berlín, España queda coa cordilleira do Rif. Alí, surxe un movemento liderado por Abd elKrim, de independencia fronte a España, e comeza o enfrontamento contra as chamadas cábilas rifteñas. En 1909 o exército español sufriu unha grave derrota no barranco do Lobo. O gobernó de Maura e as clases dominantes consideraron que os ataques ameazaban o prestixio internacional de España, aínda que o que realmente estaba en xogo eran os intereses capitalistas, principalmente das compañías mineiras. Para facer fronte a estés ataques, decretouse a mobilización dos reservistas. Esta medida foi fortemente rexeitada polas masas populares, pois ao marcharen os homes se resentía a economía familiar, por suposto existía un efecto emocional nas súas familas e ademáis pola redención de quintas, as clases altas non eran mobilizadas. O movemento obreiro, nacionalistas periféricos e os republicanos estaban en contra, polo que se produciu unha folga xeral en Barcelona, coñecida como a Semana Tráxica. Durante as protestas tiveron lugar accións de carácter anticlericalista, en protesta do apoio da Igrexa aos grupos poderosos. A revolta tivo unha forte represión, sendo asasinado Ferrer Guardia, xa que era unha figura problemática para o réxime. Foi un dos país da escolá moderna en España, que introduciu o método científico e o espírito crítico no ensino. Outra consecuencía disto foi o nacemento da CNT en 1910 e a formación da coalición republicano-socialista que colocando a Pablo Iglesias no parlamento, primer deputado externo ao sistema da quenda. Maura e sustituído polo liberal Canalejas en 1910. Este propuxo unha serie de reformas ad hoc para ampliar a base social do sistema da Restauración. A leí de recrutamento elimina a redención de quintas. Pero a cambio, establece os soldados de cota, significando que se pagabas podías facer o servizo militar en España e non en Marrocos. Tamén aprobá a leí de ordes relixiosas ou leí do cadeado, pola que se prohíbe a implantación de novas ordes relixiosas. É un guiño ó anticlericalismo. Finalmente propón a leí de mancomunidades, que consiste na concesión dunha reducida autonomía rexional co obxetivo de canalizar as reivindicacións rexionalistas. Pero esta medida non é aprobada. Pese a todo, as reformas non teñen moito efecto. 

Entradas relacionadas: