A Metafísica de Aristóteles: Biografía, Teoría do Cambio e as Catro Causas
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,66 KB
Aristóteles: Vida e Contexto Filosófico
Este texto céntrase na figura do filósofo Aristóteles. Aristóteles naceu nunha pequena cidade de Macedonia. O seu pai era médico do rei de Macedonia, o que explica a súa relación coa corte macedonia.
Formación e Traxectoria
Aos 18 anos marcha para Atenas a estudar, ingresando na Academia Platónica, onde permanece 20 anos. Tras morrer Platón, abandonou a Academia e emprendeu unha longa viaxe. Neste período, durante tres anos, foi mestre de Alexandre o Magno.
Comeza a discrepar dalgunhas das doutrinas principais da Academia, especialmente da Teoría das Ideas, e a elaborar a súa propia doutrina. Ao ascender ao trono Alexandre, Aristóteles volve a Atenas e funda a súa propia escola, o Liceo. Durante esta última época desenvolve un importante labor docente e investigador.
A Doutrina do Cambio en Aristóteles
Este texto pertence ás obras esotéricas (A Física), nel fálase do cambio. O cambio é para Aristóteles un feito innegable; por outro lado, o filósofo Parménides ve o cambio como algo imposible.
Definición de Cambio: Potencia e Acto
Aristóteles explica o cambio como o paso da potencia ao acto e defíneo como: «O acto do que está en potencia en canto tal», pois cando o cambio se está producindo o que está pasando é que a «potencia se está actualizando».
Clasificación do Cambio
Aristóteles clasifícao distinguindo dous tipos principais:
1. Cambio Substancial
Ten por resultado a xeración ou destrución dunha substancia.
2. Cambio Accidental
As substancias sofren modificacións en aspectos non esenciais do seu ser, é dicir, sofren modificacións accidentais. As últimas poden ser de tres clases e hai, polo tanto, 3 tipos de cambio accidental:
- De tamaño (cambio cuantitativo)
- De calidades (cambio cualitativo ou alteración)
- De lugar (cambio local ou translación)
Os Principios do Cambio
Os Principios do Cambio para Aristóteles son 3:
- Suxeito
- Forma
- Privación
En todo cambio hai algo que permanece, algo que aparece e algo que desaparece.
A Teoría Causal e o Modelo Teleolóxico
No texto fálanos da Teoría Causal, e con ela explícase o proceso. Aristóteles distingue catro tipos de causas:
Os Catro Tipos de Causas
- A Causa Material: Que é aquilo a partir do cal algo se produce. Isto sae no texto na (a).
- A Causa Formal: Identifícase coa forma do obxecto. Isto aparece no (b).
- A Causa Eficiente: É a que pon en marcha o cambio. Aparece no (c).
- A Causa Final: Que é o obxectivo ou propósito do cambio. Aparece no (d).
Teleoloxismo vs. Mecanicismo
Igual que o Modelo Platónico, o Modelo Aristotélico é un modelo teleolóxico que se opón ao Modelo Mecanicista. Isto significa que para eles todo acontecemento ten unha finalidade.
- Mentres no Mecanicismo os procesos naturais explícanse polas súas causas,
- no Teleoloxismo, pola contra, son os efectos os que explican as causas.
Conclusión
O texto remata coa diferenza entre acción e instrumentos (póndolle o exemplo do texto).