Movementos Obreiros do Século XIX: Cartismo e a Primeira Internacional

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,46 KB

3 O Cartismo

Foi un **movemento político** da **clase obreira inglesa** que intentaba conseguir o **sufraxio universal**. As súas orixes están en Inglaterra en 1838 na *“Carta do Pobo”* (*People’s Chart*), na que se pedía ao Parlamento inglés o **sufraxio universal**, masculino e secreto, e un soldo para os deputados que lles posibilitase aos traballadores o exercicio da política. Para poder presentar estas peticións ao Parlamento reuniron máis de tres millóns de sinaturas en folgas, manifestacións e concentracións. O Parlamento inglés rexeitou a súa petición en anos sucesivos (1838, 1842 e 1848), pero conseguiron un éxito parcial, xa que en 1847 se aplicou unha primeira redución da xornada laboral a 10 horas.

4 O Internacionalismo e a I Internacional

A partir de 1848, coa publicación do **Manifesto Comunista** de Marx e Engels, a conciencia dos traballadores de ser membros dunha clase social situada por riba de estados e fronteiras, levaríaos á constitución da **Asociación Internacional de Traballadores (AIT)** ou **I Internacional**.

Fundación e Lema

A **AIT fundouse** nun mitin celebrado o 28 de setembro de **1864 en Londres**. Na formación do seu primeiro comité executivo tiveron moita importancia os dirixentes obreiros exiliados: 21 ingleses, 10 alemáns, 9 franceses, 6 italianos, 6 polacos e 2 suízos. O lema da AIT, que se faría axiña famoso, foi: *“Proletarios de todos os países, unídevos”*, a mesma frase coa que principiaba o Manifesto Comunista. O manifesto inaugural facía un balance da evolución das condicións da clase obreira desde a Revolución de 1848 e alentaba a conquista do poder político polo proletariado.

Obxectivos da AIT (Estatutos de Marx)

Os seus estatutos foron redactados por **Marx**. Neles establecíanse cales debían ser os obxectivos da AIT:

  • Potenciar as asociacións obreiras nacionais.
  • Fomentar o protagonismo da clase obreira.
  • Loitar polo poder político.

Acordos e Mobilizacións

Nos primeiros congresos da AIT adoptáronse acordos que deron pulo ás mobilizacións obreiras en cada país:

  • Redución da xornada laboral.
  • Supresión do traballo infantil.
  • Mellora das condicións laborais da muller.
  • Desaparición do exército permanente.
  • Socialización dos medios de produción.
  • Recurso á **folga** como o medio máis eficaz para conseguir estes obxectivos.

Entradas relacionadas: