O Nazismo e a Segunda Guerra Mundial: Cronoloxía e Impacto Político
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,81 KB
A Ideoloxía Nazi e a Política Interior na Alemaña Nazi
O sistema político Nazi foi un Estado Totalitario sen voz nin voto para os cidadáns. O Partido Nazi converteríase no principal órgano político de control do poder e da administración do Estado, dirixido por un xefe indiscutible.
Implantaríase un Estado policial dirixido por Himmler, e composto polas SS (Garda persoal de Hitler) e a Gestapo (policía secreta).
Control e Propaganda
Elemento de control da poboación sería a propaganda. Goebbels sería o principal encargado de venderlle aos alemáns as excelencias do goberno personalista de Hitler. Controlaría tódolos medios de comunicación, enxalzaría a figura do Xefe, dotándoo de poderes sobrehumanos e destacando os seus éxitos, e denigraba a outras minorías étnicas, coma os xudeus, aos que culpaba dos padecementos da nación xermana.
Os mozos debían ingresar obrigatoriamente nas Xuventudes Hitlerianas, onde serían formados en educación política e militar.
A Política Exterior Expansionista: O Triunfo do Militarismo
O Nazismo buscaba devolver a Alemaña o seu papel como gran potencia europea mediante unha política exterior agresiva e belicista, baseada no Panxermanismo e na teoría do Espazo Vital (Lebensraum).
Para iso, desenvolveron un intenso plan armamentístico, reinstauraron o servizo militar obrigatorio e formaron un gran exército baixo o liderado de Goering para expandirse máis alá das limitacións impostas polo Tratado de Versalles.
Fases da Expansión Territorial
Unha vez conquerido isto, comezaría a expansión:
- 1938: As tropas alemás invadirían Austria, que sería anexionada a Alemaña.
- 1938: Tamén ocuparían a zona checoslovaca dos Sudetes, na que vivían tres millóns de xermanos.
- 1939: Toda Checoslovaquia caería nas mans de Hitler.
Ningunha potencia se opoñería a estes feitos, pero as bases da Segunda Gran Guerra Mundial xa estaban postas.
O Xiro Militar no Ano 1942: As Ofensivas das Potencias Aliadas
Dende o ano 1942, as potencias aliadas tomarían a iniciativa militar, logrando a súa vitoria sobre as tropas xermanas, italianas e xaponesas. O empuxe das potencias do Eixe desaparecería ata a primavera de 1942 debido a unha serie de campañas militares negativas que cambiarían o devir da contenda:
Batallas Decisivas
- Stalingrado: Marca o fin da expansión nazi polo territorio soviético.
- El Alamein: Suporía a fin das conquistas alemás na África do Norte e, sobre todo, na súa tentativa de conquista de Exipto, freados por B. Montgomery, Xeneral do VIII Exército británico.
- Mar do Coral (Pacífico): A ofensiva xaponesa sería parada na Batalla do Mar do Coral, sendo dende ese momento a iniciativa para as forzas aliadas.
As Conferencias de Paz: Ialta e Potsdam
Ao longo do Conflito Bélico iríanse esbozando por parte das potencias aliadas a nova orde mundial que se establecería despois da Guerra.
As Conferencias de Paz desenvolvidas en Ialta (Febreiro de 1945) e Potsdam (Cidade alemá, Xullo de 1945) darían lugar a un novo mapa de Europa, e sentarían as bases dun novo mundo baseado nas dúas ideoloxías políticas gañadoras: o Capitalismo (liderado por EUA) e o Comunismo (liderado pola URSS).
As Ofensivas Finais Aliadas
O derradeiro “acto” da Segunda Guerra Mundial viría definido polas ofensivas finais aliadas que terían lugar entre 1944 e 1945:
- Fronte Oriental (1944-1945): No ano 1944, o exército soviético comezaría unha ofensiva militar decisiva que os levaría a Alemaña. O 30 de abril de 1945, Hitler suicidaríase e a nación xermana capitularía o 2 de maio.
- Fronte Occidental (1944): O 6 de xuño de 1944, as tropas aliadas capitaneadas polos EUA iniciarían o famoso Desembarco de Normandía nas costas francesas co obxectivo de, por unha banda, abrir unha fronte na Europa occidental para chegar a Berlín antes que as forzas soviéticas, e pola outra, liberar París, o que se conseguiu o 26 de agosto de 1944.
- Fronte do Pacífico (1945): As forzas aliadas ocuparían as illas de Iwo Jima e Okinawa. O desenlace final do conflito viría co emprego da bomba atómica por parte das forzas estadounidenses sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki o 6 e 9 de agosto de 1945. Xapón asinaría a súa rendición de xeito incondicional o 2 de setembro. A Segunda Guerra Mundial remataría.