A noticia e a crónica: tipos de texto, parasíntesis e oración composta en galego

Español3,24 KB

A noticia e a crónica

A noticia é unha exposición breve dos feitos da actualidade. Consideramos, polo tanto, a noticia como un texto expositivo en forma narrativa, no que os feitos están enlazados por conectores temporais. Contén unha serie de elementos que corresponden a cuestións básicas.

A crónica é unha noticia ampliada e comentada, na que o xornalista narra os feitos extensamente e presenta, ao mesmo tempo, a súa interpretación persoal. Hai dous tipos:

  • Exposición en forma argumentativa: o autor analiza os feitos que narra.
  • Exposición en forma narrativa: o autor conta os feitos.

A parasíntese

A parasíntese é outro dos procesos para crear novas palabras. Hai dous tipos:

  • As formadas por prefixación e sufixación simultánea (a cougado).
  • As formadas por composición e derivación á vez (centrocampista).

A oración composta: oración simple e composta

As oracións son enunciados que teñen un verbo en forma persoal que funciona como núcleo do predicado, pero hai oracións que teñen máis dunha.

  • Oración simple: ten un único verbo en forma persoal.
  • Oración composta: son as que teñen máis dun verbo en forma persoal.

Os compoñentes das oracións compostas: as proposicións

Nunha oración composta, cada forma verbal admite, en principio, suxeito e complementos. Isto é, cada unha das formas verbais dunha oración composta é o núcleo dun grupo de palabras que presenta a estrutura bimembre propia das oracións. Cada un destes segmentos da oración composta é unha proposición.

Segundo a forma de relación entre proposicións:

  • As proposicións poden ter un valor similar na oración e non dependen unhas doutras; son, entón, sintacticamente independentes.
  • Outras veces, unha proposición intégrase noutra como elemento dela e é dependente.

Elementos de relación: os enlaces

Os enlaces son palabras que relacionan palabras ou grupos de palabras.

Xustaposición, coordinación e subordinación

Dúas proposicións poden formar unha oración composta por estes métodos:

  • Xustaposición: cando dúas proposicións independentes entre si se unen sen que entre elas haxa ningún enlace.
  • Coordinación: cando dúas proposicións independentes se unen mediante un enlace.
  • Subordinación: cando unha proposición dependente pasa a formar parte doutra como suxeito ou como complemento.

Descargar

PDF Word HTML