A Nova Narrativa Galega dos Anos 60: Rasgos Esenciais e Innovacións Literarias

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,94 KB

A Nova Narrativa Galega (NNG) dos Anos 60: Características e Innovacións

A Nova Narrativa Galega (NNG), é dicir, a nova narrativa galega dos anos 60, aparece cunha nova imaxe da sociedade e cunha complexidade estrutural e temática. Autores como:

  • Gonzalo Rodríguez Mourullo coa obra Memorias de Tains
  • Xosé Luís Méndez Ferrín con O crepúsculo e as formigas
  • María Xosé Queizán, autora de A orella no buraco
  • Camilo Suárez Llanos con Lonxe de nós

entre outros, son os representantes desta nova narrativa.

Aspectos da Renovación Literaria na NNG

A renovación literaria levada a cabo por estes autores baséase en aspectos que explicaremos a continuación:

1. Relectura dos Fenómenos Sociais

Comezamos pola relectura dos fenómenos sociais, nos que os autores da NNG están comprometidos coa realidade social galega do momento. Este compromiso móstrase en clave simbólica: créanse mundos opresivos nos que os individuos se atopan illados fronte ao aparello dominante, ao mesmo tempo que se mostra a loita individual e colectiva pola liberdade. A realidade é pesimista.

2. Relativización do Mundo Rural e Emerxencia do Urbano

Seguimos coa relativización do mundo rural, que se manifesta como lugar dos feitos narrados, o que supón a aparición do mundo urbano como espazo literario no que acontece a acción.

3. O Protagonista e o Tempo Narrativo

Referíndonos ao protagonista, agora o heroe novelístico perde importancia e é un simple actuante, é dicir, un instrumento do autor, utilizándoo como narrador que “ve” pero non “interpreta” a realidade. Aparecen heroes ‘mal vistos’ pero que co seu comportamento reflicten a incomprensión social.

O tempo narrativo tamén cambia: agora o tempo da acción pode ser un día, unha hora, ás veces uns instantes onde o protagonista lembra uns feitos. A isto chámanlle “redución temporal”, como ocorre en “Cando cheguen as chuvias” de Vento ferido.

Técnicas Narrativas Novidosas na NNG

As técnicas que utilizan os autores da NNG son novidosas:

1. A Reminiscencia

Ocorre coa reminiscencia, que é un recurso no que o autor utiliza a lembranza ou recordo que suxire algún elemento ambiental para introducir o relato dunha peripecia, como ocorre na novela Como calquera outro día.

2. O Punto de Vista

Outro dos recursos que utilizan é o punto de vista, no que predominan modos de narrar máis individualizadores e obxectivos. O autor xa non ten tanto poder sobre a acción e os personaxes. Deste xeito, os modos máis utilizados son:

  • A omnisciencia selectiva
  • O “eu” protagonista
  • O monólogo interior

3. A Técnica Cinematográfica

Por outro lado, a técnica cinematográfica, é dicir, a forma de presentar o escenario da acción coma se se tratase dunha cámara cinematográfica que mostra toda a escena.

4. Alteración da Orde Cronolóxica e Estrutura Aberta

Por último, utilizan a alteración da orde cronolóxica dos acontecementos. A NNG aplica unha estrutura aberta, utilizando sempre analepses e prolepses coa finalidade de restar valor á intriga e que a atención do lector se fixase nos problemas internos dos personaxes.

Conclusión

En resumo, a NNG realiza unha renovación literaria baseándose en aspectos como: o protagonista, o tempo, a relectura, as técnicas narrativas, etc.

Entradas relacionadas: